Skip to main content

Noticias

  • Presentouse este martes no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo a 40ª Semana Internacional de cine de autor de Lugo, que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, dende o 10 ao 15, e dende 17 ao 21 de setembro. Asistiron o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos; a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez; Ramón Carballo, Xefe Territorial de Prsidencia da Xunta de Galicia en Lugo; a Vicerreitora do Campus de Lugo da USC, Montserrat Valcárcel Armesto, ao Presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz Ramil, o Director da Semana Internacional de cine de autor, Manuel Curiel Fernández. Nesta 40ª edición, participarán un total de 165 cintas de diferentes países.
  • Presentouse onte o Desfile dos Entroidos, un pasarrúas que o 8 de setembro percorrerá as rúas do casco vello de Santiago de Compostela cos personaxes de 13 entroidos, varios dos cales participaron no acto para dar a coñecer este evento. Galicia conta con nove entroidos recoñecidos como festa de interese turístico. Dous deles, Xinzo de Limia e Verín, acadaron a declaración como festa de Interese Turístico Nacional, mentres que outros sete son de Interese Turístico de Galicia: Viana do Bolo, Cobres, Laza, Manzaneda, Xenerais da Ulla, Maceda e Vilariño de Conso.
  • Na súa 32ª edición, o Festival Noroeste Estrella Galicia continuou o seu ascenso de popularidade para converterse nunha das citas estatais musicais imprescindibles do verán. Cun modelo de festival de rúa, que aposta pola cultura próxima e de calidade, sen esquecer as figuras internacionais, a cita coruñesa conquistou nesta ocasión a máis de 90.000 persoas. Coa cidade como un escenario máis, chamado a ocupar un papel protagonista, o festival converteuse nun dos eventos urbanos máis importantes da península, atraendo a atención de miles de persoas, coruñesas e visitantes en busca dunha experiencia musical e cultural completa.
  • O reguetón feminista e combativo das madrileñas Tremenda Jauría suporán este sábado, día 18, un divertido e comprometido alfinete festeiro para pechar o Atardecer no Gaiás de 2018. Precisamente, este ciclo de concertos do verán, ao aire libre e de balde caracterizouse nesta edición por contar cun especial peso das voces femininas —maioría entre as súas 21 actuacións— e concedeulle máis espazo as cada vez máis emerxentes músicas urbanas. Para este gran fin de festa, a banda despregará tamén o seu repertorio de merengue-punk ‒contan cunha atrevida versión neste rexistro de La línea del frente de Kortatu‒e electro-cumbia con ritmos tropicais e letras sociais.
  • A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, presentou na mañá de hoxe o festival de cultura urbana e deportes de acción O´ Marisquiño XVIII que terá lugar entre o 10 e o 12 de agosto en Vigo. Nas súas verbas, a responsable do Deporte galego celebrou que esta iniciativa “xa alcanza a súa maioría de idade con 18 anos de satisfacción, de grandes éxitos e de experiencia que a converten no gran evento do deporte urbano do sur de Europa”. Marta Míguez falou de dúas das competicións máis importantes do festival como poden ser o skateboarding e as probas de BMX, dous deportes que, ademais, serán olímpicos nos Xogos de Toquio 2020.
  • Galicia será o territorio convidado de honor á vindeira edición do Festival Intercéltico de Lorient. Así o confirmou a propia organización do evento, que presentou nunha conferencia de prensa o cartel promocional da cita para o 2019, no que se fai referencia á 49ª edición como “O ano de Galicia”. A nova foi tamén publicada no propio web do festival. No presente ano o territorio convidado de honor é o País de Gales. Con 48 anos de historia, o Festival reúne en cada edición máis de 4.500 artistas de Bretaña, Escocia, Gales, Cornualles, Illa de Man e Irlanda, así como de Galicia e Asturias.
  • Uxía e Rodrígo Romaní actúan esta semana no Festival Intercéltico de Lorient, encabezando a ampla delegación galega que desde o pasado día 3 participa neste histórico encontro da cultura celta. Uxía subirase este xoves ao escenario do Theâtre de Lorient para presentar o seu traballo Uxía-o, o seu persoal tributo á obra de Uxío Novoneyra. Pola súa banda, Rodrigo Romaní actuará o sábado á noite na gran gala da arpa celta que terá lugar no Palacio de Congresos, onde esa mesma mañá ofrecerá unha master class.
  • O ciclo de concertos ao solpor Atardecer no Gaiás continúa en agosto con tres propostas tranquilas e ben diferentes para musicar os xoves, venres e sábados do verán na Cidade da Cultura. O encargado de pórlle banda sonora á primeira das citas deste mes será Yuri Méndez, co seu proxecto Pajaro Sunrise. O traballo do cantante, músico, compositor e produtor nado en León oscila entre o pop, o folk e a música electrónica cantada en inglés. Os seus temas, ás veces divididos entre letras melancólicas e melodías alegres, foron escollidos para musicar desde series de televisión a anuncios publicitarios, entre os que destaca por ter aparecido, por exemplo, na serie norteamericana Castle.
  • Música no claustro regresa á catedral de Tui coa edición de maior envergadura e internacionalidade do festival, deseñado e coordinado por Samuel Diz. Durante sete días, do sábado 4 ao venres 10 de agosto, a programación ofrecerá reencontros coa música, co patrimonio e coa creación, aos que se suma o concerto de presentación realizado o pasado 14 de xuño no Museo Nacional de Escultura. Esta edición con dobre sede pon a atención no nome propio de Diego de Avellaneda, bispo de Tui durante preto dunha década no século XVI e arredor do que se articula un programa narrativo de catro concertos de primeiro nivel con músicas renacentistas, barrocas, contemporáneas e jazz.
  • Os concertos de Airiños de Fene, os irlandeses Lúnasa e os Bretóns-Escoceses The Celtic Social Club pecharon onte á noite unha edición histórica cargada de emoción e lembranzas no seu 40º aniversario. Unha completa programación cultural e musical de 4 intensos días nos que pese á coincidencia na fin de semana con outros festivais, máis de 70.000 visitantes elixiron a música Celta. O protagonismo da Escola de Gaitas, fundadores do evento, así como do grupo Milladoiro, formación ligada ao festival desde os comezos fixo emocionarse a veciñanza e artistas.