Skip to main content

Novas

  • A Cidade da Cultura de Galicia festexará o Día Internacional da Música, que se celebra o 21 de xuño, cun concerto da mítica banda galega Os Resentidos, na Praza Central do Gaiás, nunha actuación de entrada libre e de balde. Os Resentidos teñen no seu haber un currículo de máis 30 anos de carreira musical que lles deron para publicar sete LPs, un EP compartido con Siniestro Total, un recompilatorio e conseguir o fito de situar como gran hit en España un tema en galego, Fai un sol de carallo, nunha época (1986) en que eran moi poucos grupos en Galicia que cantaban no noso idioma.
  • O Festival Interceltique de Lorient anunciou en París o programa da súa 49ª edición, na que este histórico encontro da cultura celta celebra o Année de la Galice (ano de Galicia). O acto, para o que se contou coa colaboración da Embaixada de España, tivo lugar na sala Pan Piper da capital francesa e incluíu un concerto de Mercedes Peón co seu proxecto 'Déixaas'. Deuse así conta do especial protagonismo que a música galega terá do 1 ao 11 de agosto en Lorient, ata onde viaxarán máis de 20 artistas e grupos galegos como parte da programación elaborada polo festival.
  • Máis de 150 axentes culturais de Galicia e do resto de España reuniranse do 10 ao 13 de xuño en Santiago de Compostela para participar na sétima edición de Galicia Escena PRO que, como en anos anteriores, tamén abrirá o seu programa de espectáculos ao público xeral. O seu principal obxectivo é servir de escaparate para a compra-venda de producións galegas de teatro e danza, para o que se convida a asistir os responsables da programación de teatros, auditorios e festivais, así como de compañías e empresas distribuidoras. Entre os acreditados este ano, atópanse profesionais chegados de toda Galicia, pero tamén doutros puntos de España.
  • A Cidade da Cultura de Galicia festexará o Día Internacional da Música, que se celebra o 21 de xuño, cun concerto da mítica banda galega Os Resentidos, na Praza Central do Gaiás, actuación de entrada libre e de balde. Os Resentidos teñen no seu haber un currículo de máis 30 anos de carreira musical que lles deron para publicar sete LPs, un EP compartido con Siniestro Total, un recompilatorio e conseguir o fito de situar como gran hit en España un tema en galego, Fai un sol de carallo, nunha época (1986) en que eran moi poucos grupos en Galicia que cantaban no noso idioma. Críticos, inconformistas, irreverentes, indignados.... Así o recollen unhas letras radicais e comprometidas coa realidade do seu tempo.
  • Presentouse hoxe en Pontevedra a vindeira edición de PortAmérica, que se desenvolverá en Caldas de Reis do 4 ao 6 de xullo cunha ampla carteleira de concertos de diversos estilos e con demostracións gastronómicas a cargo de recoñecidos chefs como actividades centrais. A empresa galega Esmerarte, organizadora do evento, reuniu os seus principais patrocinadores e colaboradores para dar a coñecer o programa completo do festival, no que actuarán máis de trinta bandas, entre elas Madness, Andrés Calamaro, Rozalén, Carlos Sadness, Depedro, Amaia, Carolina Durante, Zahara, Elefantes, Presumido ou Mon Laferte.
  • O 33º Festival Noroeste Estrella Galicia da Coruña desvelou esta mañá un novo avance do seu cartel para este 2019. A frescura retro-futurista de Belako, que mistura o punk-rock cos ambientes máis cálidos da electrónica sinfónica, subirase ás táboas da Praia de Riazor o sábado 10 de agosto. Pola súa banda, a lenda estadounidense Jello Biafra, considerado como o líder intelectual do movemento punk, súmase ao cartel do venres 9 en Riazor xunto a Patti Smith and Band e Nathy Peluso. Mentres, o inclasificable trobador tecno Joe Crepúsculo celebrará unha década de carreira a ritmo de baile irracional no Noroeste, onde tamén sorprenderá o indie pop imparable de Los Punsetes.
  • Os investigadores e investigadoras noveis da Galiciencia demostran especialmente nesta edición as súas capacidades para poñer a tecnoloxía ao servizo da concienciación e da adopción de bos habitos. Moitos dos equipos participantes na maior feria científica de Galicia decidiron presentar proxectos sobre a temática central do evento, a saúde e os bos hábitos. A alimentación saudable, a mellora calidade de vida, a seguridade viaria e a redución do impacto ambiental protagonizan gran parte dos 79 proxectos que se expoñen desde hoxe ata o vindeiro venres no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole (Ourense) durante a décimo cuarta edición da Galiciencia.
  • A Cidade da Cultura de Galicia volveu converterse esta nun mundo onde mandaron a imaxinación e a fantasía. Foi grazas á Cidade Imaxinaria, un evento lúdico e familiar que se celebra todos os veráns desde hai nove edicións e que, desde o ano pasado, incorpora unha segunda cita en abril para encher de diversión a primavera compostelá. Ademais de festexar a chegada do bo tempo, con este evento o Gaiás quixo conmemorar tamén o Día Internacional do Circo -celebrado a pasada semana- cunha programación chea de acróbatas, malabaristas, trapecistas, clowns e saltimbanquis que conquistaron todos os recunchos do complexo.
  • O encontro informático Technium R Encounter acollerá este ano no seu espazo extranet (aberto a todos os públicos) as dúas accións do programa educativo e tecnolóxico crea R para pequenos e maiores. Trátase de obradoiros de robótica para os peques e charlas didácticas para os maiores co alicerce das bondades que as novas tecnoloxías nos ofrecen se as usamos axeitadamente. Os talleres de robótica, dirixidos a nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, desenvolveranse de 11:00 h a 13:00 h na sede da lan party, en Expourense, coa finalidade de potenciar a creatividade nos cativos, espertar o seu espírito emprendedor e adestralos en habelencias coma o traballo en equipo ou a oratoria.
  • Juan de Castro, director do Festival Primavera do Cine presentou a oitava edición do certame, que se celebrará do 30 de abril ao 5 de maio, aínda que as actividades previas deron comezo o pasado 22 de abril con Viva Cuba, unha retrospectiva do cinema cubano organizado con motivo do 60º Aniversario da Revolución e que se estenderá ata este xoves. Así, na presentación oficial do certame, Juan de Castro comenta que “esta semana aínda quedan dúas actividades polas que apostamos moito no festival, Cinema nos Barrios, o venres en Navia e o sábado no Casco Vello Alto e Cine Miúdo, un evento ao que acudirán 800 cativos a visualizar filmes de principios de século e con música en directo feita por Caspervek” e continúa dicindo que “a semana que ven xa dará comezo ao resto de actividades paralelas e a sección oficial”.