Ketama, Mala Rodríguez, Susana Seivane e Tequila abrirán as festas de María Pita na primeira semana de agosto
A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento vén de informar da programación principal que conformará as Festas de María Pita 2019, que se celebrarán a partir do 1 de agosto. Logo da confirmación das datas de iniciativas como o 33ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia ou do XXII Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, que terán lugar na segunda semana do mes, o edil José Manuel Sande dá a coñecer as actividades musicais que formarán parte “dun programa dirixido a todos os públicos e que afondará na excelencia cultural da cidade”, a través da aposta, un ano máis, pola Sinfónica de Galicia. “Por responsabilidade e por compromiso coa veciñanza, contra o que sucedeu á nosa chegada no 2015, desde o goberno local deixamos pechado máis do 70% da programación das festas da cidade, para facilitar tamén que, co avance das datas, o sector do turismo e da hostalaría poidan contar cun novo verán exitoso”, apunta Sande.
A banda de flamenco-fusión Ketama abrirá o ciclo de concertos nocturnos As noites de María Pita o día 1 de agosto, cunha actuación que sucederá ao pregón inaugural das festas. Ao día seguinte, o venres 2, será a quenda da rapeira Mala Rodríguez, nunha das paradas da xira que ofrecerá este verán, mentres que o sábado 3 subirá ao escenario da Praza de María Pita a gaiteira Susana Seivane. Por último, o domingo 4 Tequila ofrecerá un espectáculo no marco da súa xira de despedida Adiós, Tequila.
A segunda semana a música seguirá a ter especial protagonismo a través do 33 Festival Noroeste Estrella Galicia, que se celebrará do 6 ao 11 de agosto e no que participarán máis de 80 bandas e artistas, entre as que se atopan as xa presentadas Patti Smith, Nathy Peluso, Belako ou Paco Ibáñez. Durante estes días, en concreto do 5 ao 11 de agosto, terá tamén lugar unha nova edición do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, que contará con artistas como a británica Isabel Greenberg, o mexicano Tony Sandoval ou o francés David Sala.
De cara á terceira semana do mes, a vinculada tradicionalmente ás agrupacións formais ou de música clásica na praza de María Pita, a primeira actuación será a do luns, 12 de agosto, coa voz do barítono Borja Quiza, acompañado da Orquestra Gaos. Ao día seguinte, o martes 13, será a quenda da Escola Municipal de Música e o mércores 14 a da Orquestra de Cámara Galega, impulsada por Rogelio Groba. Na festividade do 15 de agosto a Banda Municipal ofrecerá un singular espectáculo acompañada por Treixadura, e ao día seguinte, o venres 16, terá lugar un ensaio xeral da Sinfónica de Galicia, que actuará no mesmo escenario o sábado 17. A semana pecharase o domingo 18 cun concerto de Sito Sedes acompañado pola Garufa Blue Devils Band.

Concello da Coruña