Skip to main content

A sexta edición de Primavera, feira norte do regalo celébrase do 21 ó 23 de abril no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela (San Lázaro)

Á cita acuden pequenas e medianas empresas que expoñen obxectos de
deseño e fabricación propia orientados o mundo do regalo, configurando unha
importante oferta onde a calidade e a autoría é o denominador común.

Nun momento en que o mundo do regalo está pasando por grandes cambios,
Primavera, presentase como a reivindicación da autenticidade e da garantía, e
supón unha cita inexcusabel para os profesionais da comercialización que
disfrutan en Primavera, porque encontran productos diferentes e exclusivos
para as súas tendas.

En Primavera 06, participan arredor de 80 expositores, chegados de toda
España e Portugal, que ocupan toda a planta do Pazo de Congresos de
Santiago (lista completa na web).

Especialmente salientable é a presenza de empresas de Navarra que forman
parte do proxecto “Crear Artesanía” (deseño para os productos do Camiño de
Santiago) e empresas de Portugal que participan no proxecto “Vellos Saberes-
Novas Tendencias”.

Textil artesanal galego contemporáneo

A feira presenta nesta edición a exposición “Textil artesanal galego
contemporáneo”, formada por once pequenas empresas do tecido que traballan
en Galicia, algunhas cunha traxectoria de máis de 20 anos.

Todas estas empresas e pequenos obradoiros producen actualmente un
importante catálogo de teas exclusivas, que contrasta cas tendencias de
deslocalización da industria textil. Un feito que nos invita a reflexionar sobre as
cualidades dos productos que mercamos e sobre as pesoas que os fan.

A feira será inaugurada o venres día 21 de abril ás 12 h.
Horario continuado ata as 21 h. · Sábado o domingo: de 10:30 a 21 h.
Reservada a profesionais, empresas, institucións, entidades, organismos, etc. previa
acreditación a entrada do recinto. Entrada gratuita.

Completa información en: http://www.primaveranorte.com
Primavera, feria norte del regalo