Arrinca a X Festa da Cereixa e do Aceite de San Clodio de Ribas de Sil
A X Festa da Cereixa e do Aceite de Ribas de Sil, que dá comezo na praia fluvial de San Clodio, arrinca con previsións de éxito de público e vendas, tendo en conta a abundancia e calidade da colleita deste ano. Previsiblemente, superaranse os 13.000 euros de volume de negocio acadados en anteriores edicións coa venda dos dous produtos estrela da cita, o que supón unha importante inxección económica para os produtores e o Concello.
A presentación da festa tivo lugar no mercado da Praza de Abastos da capital lucense, e que contou coa presenza da Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto; o Alcalde de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela e o Concelleiro de Servizos Xerais e Modernización Administrativa, Francisco Fraga. Durante a mesma, García Porto quixo subliñar que este tipo de iniciativas supoñen un importante atractivo económico para os Concellos que as celebran e mesmo para os da zona, que vén como repercute positivamente na súa economía, impulsando os produtos autóctonos e os sectores da hostelería, do comercio e da artesanía local, polo que é “fundamental a colaboración das institucións con este tipo de inicitivas, que teñen unha excelente acollida entre os veciños e visitantes”.
Pola súa banda, o Alcalde destacou que o Concello vai iniciar os trámites para acadar a declaración desta celebración como Festa de Interese Turístico de Galicia, posto que o último dos requisitos necesarios, - contar cun mínimo de dez anos de historia -, era o que quedaba por cumprir, posto que o arraigo entre a poboación e a singularidade do evento xa se viñan cumprindo dende hai tempo. Esta declaración suporá un novo recoñecemento para unha cita que conta co favor de mileiros de visitantes que se achegan todos os anos a San Clodio. Sotuela quixo destacar a calidade de todas as variedades desta froita que se cultivan no Concello, así como o intenso sabor do seu aceite, cualidades que se vén potenciadas pola climatoloxía propia da zona. Cunha produción anual dunhas 50 toneladas, tanto a cereixa de Ribas de Sil coma o seu aceite están amparados polo rexistro de marcas e patentes, requisito imprescindible para acadar a futura denominación de orixe.
2.000 quilos de cereixa e 250 litros de aceite
O Concello ten habilitados 23 stands no recinto feiral, cinco dos cales estarán ocupados por produtores de cereixa e aceite ribasilenses que porán á venda arredor de 2 toneladas de cereixa, a prezos de entre 3 e 4 euros, e uns 250 litros de aceite, que se poderán mercar en botellas de cuarto ou tres cuartos de litro, oscilando o seu prezo entre os 6 e os 15 euros. Xunto a eles estarán outros 18 produtores que ocuparán os stands habilitados polo Concello para produtores da comarca e nos que os visitantes poderán mercar o viño elaborado por tres bodegas da comarca, mel, licores, castañas e derivados, doces, e outra das delicias gastronómicas que ofrece Ribas de Sil, os figos secos.
Os actos comezarán mañá coa apertura dos stands ubicados no recinto feiral, momento que será amenizado pola música do Grupo de Gaitas do Concello. Xa pola tarde, a música e a comezo do 4º Trofeo de Fútbol da Cereixa se desenvolverán ó longo da xornada ata que ás 21 horas, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, dé lectura ó pregón oficial. Rematado o pregón, a música volverá a sonar en San Clodio. Xa o domingo, continuarán as actividades paralelas á venda nos stands; pasarrúas, xogos infantís e actuacións de grupos folclóricos completarán unha xornada na que tamén haberá tempo para unha charla, que versará sobre o aproveitamento da pesca como recurso económico, a cargo do Xerente do GDR Bajo Nalón.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo