Notas
-
A Ruta Xacobea é un dos exemplos sobre rutas de peregrinación que se exporá na VIII Tribuna España-Filipinas ata o día 27 de novembro na cidade de Davao. Organizado polo ente público español Casa Asia, Turismo de Galicia participa neste encontro dentro da sección ‘Cultura, patrimonio, turismo sostible e boas prácticas: o caso das rutas de peregrinación”.
-
Turismo de Galicia da a coñecer a oferta xeral, o Camiño de Santiago e as experiencias. Paralelamente, o Clúster de Turismo de Galicia participará no encontro profesional INTUR Negocios. A demanda turística de Castela e León medrou un 7,2% nos primeiros dez meses de 2016 en relación ao mesmo período do ano anterior.
-
Presentouse en Pontevedra a edición desta feira do ano 2016 que terá lugar do 2 ao 4 de decembro no Pazo da Cultura para dar conta tanto das manifestacións artísticas que conforman o panorama cultural galego como dos novos xeitos de traballar neste ámbito cun total de máis de 100 actividades profesionais e abertas ao público.
-
O stand GaliciaÉscena é o epicentro da actividade comercial e de difusión dos espectáculos producidos en Galicia no principal mercado do sector en Españal. Participan, entre otros, Baobab Teatro, Contraproducións, Culturactiva, Elefante Elegante, Eme2, Chévere, Ibuprofeno Teatro e ilMaquinario, La Yogurtera, Nova Galega de Danza, Odaiko e Pistacatro.
-
A través de Garantía Xuvenil, existe tamén un programa para facilitar a inserción laboral dos estudantes, que ten como obxectivo principal propiciar que os alumnos de Formación Profesional (FP) obteñan un contrato laboral no mesmo centro de traballo onde realizan as súas prácticas de corte académico.
-
A Feira Internacional Expomar 2016 ten lugar en Cabo Verde e empresas galegas participan cun stand de 36 metros cadrados de superficie, que alberga a 10 empresas e entidades, a maioría dedicadas ao subministro de instrumentos e de produtos electrónicos para barcos e ao mantemento e reparación de equipos en buques.
-
Control Z, CTV, Ficción Producciones, Filmanova, Maruxiña Films, Portocabo, Produtora Faro, R, Treeline Distribution, Voz Audiovisual e Zenit TV participan na que é a meirande feira mundial para a compra-venda de contidos televisivos, a 27ª edición do mercado MIPCOM, en Cannes.
-
Turismo de Galicia mantén xuntanzas de traballo cos principais operadores italianos, especializados nesta modalidade turística. O turismo de Italia, que xa supón o segundo mercado emisor internacional máis importante logo de Portugal, medrou un 3,5% no nº de viaxeiros aloxados nos oito primeiros meses do ano.
-
Turismo de Galicia participaata o 17 de outubro nas xornadas de promoción que se desenvolven nas cidades de Bombai, Bengalore e Calcuta, todas elas na India. Alí fai fincapé na promoción do Camiño de Santiago e os produtos relacionados coa cultura, a natureza e a gastronomía.
-
El Concello de Lugo da a conocer, a través de su página web, el programa completo de las fiestas de San Froilán 2016 que incluyen un homenaje a Manuel María, homenajeado en la última edición de las Letras Galegas. Será con un concierto del grupo A Quenlla el jueves 6 de octubre, a las 21h, en la Praza de Santa María.