Skip to main content

Notas

  • Están a participar no principal mercado mundial da industria cinematográfica como parte do programa de internacionalización do audiovisual galego que desenvolven a Consellería de Cultura e Educación e o Igape. Memorias dun home en pixama, único proxecto español seleccionado para a súa presentación profesional na sección Aneccy goes to Cannes.
  • Celebrarase no Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) e reunirá prestixiosos cociñeiros galegos e a expertos en sustentabilidade e nutrición, accesibilidade nos establecementos hoteleiros ou menús saudables. Haberá relatorios e obradoiros de cociña para os que está aberto o prazo de inscrición na páxina web do CSHG.
  • A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visita a mostra que conta con produtos de xoiería, arranxos florais, bixutería, marroquinería e pratería, no marco da XXVI Festa do Melindre e da Repostería Tradicional de Melide. A mini feira pode visitarse na Rúa do Convento ata o 14 de maio.
  • A concellería de Mocidade, Noa Morales, presentou a primeira gran cita da Ascensión 2017: o concerto de Los40 Trending on Stage. A edil estivo acompañada polo director rexional da Cadena SER en Galicia, Jordi Jordá, e polo coordinador rexional da emisora, Gabi Davila. Os artistas "son novos valores que están impulsando a súa carreira en Internet" onde se fixeron virais.
  • Turismo de Galicia participa ata o día 11 de maio nas xornadas de promoción que se desenvolven en Milán, Boloña e Padua. Turismo da Xunta fai fincapé na promoción do Camiño de Santiago e os produtos relacionados coa cultura, a natureza e a gastronomía. O número de viaxeiros italianos aloxados no primeiro trimestre deste ano medrou un 10,6% en relación ao ano anterior.
  • A LVII edición desta celebración contou coa participación do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. A festa é de Interese Turístico Nacional en recoñecemento á súa antigüidade e á súa singularidade.
  • A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, inaugurou este evento no que participan unha vintena de artesáns e que se celebra ata o 7 de maio. Salienta a aposta da Xunta pola comercialización, o mantemento e a divulgación dos oficios tradicionais. Na feira participan máis de vinte artesáns que se dedican a actividades como a xoiería, a pintura, a cerámica ou o coiro, expoñendo numerosas pezas de calidade.
  • A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a presentación da XXVI edición da Festa da Filloa de Muimenta, declarada de Interese Turístico Galego.
  • A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, explicou que nesta nova edición constatarase como a feira de Turismo Termal máis importante a un lado e ao outro do océano Atlántico. O certame se desenvolverá a finais de setembro ou principios de outubro na localidade de Foz de Iguazú.
  • Baixo a marca Films from Galicia e co apoio do Igape, repiten a experiencia Ficción Producciones, Maruxiña Films, Somadrome e Voz Audiovisual e incorpóranse á delegación galega CTV, Ollo Vivo e Productora Faro. A feira acolle a presentación profesional de Conecta Fiction que se celebra en xuño en Santiago de Compostela.