Skip to main content

Notas

  • Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, arrancaba esta mañá no Parque Tecnolóxico de Galicia baixo o lema “Mellor, de Madeira” e prolongarase ata o venres. O seu obxectivo é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
  • Corufest, o festival de artes escénicas pola diversidade afectivo sexual, inaugura este xoves 9 de maio a súa sétima edición cunha completa programación de actividades culturais e artísticas que achegarán ata o próximo 19 de maio á cidade da Coruña a figuras emerxentes e referentes das artes escénicas e do activismo cultural LGTBIQ+ do panorama galego, nacional e internacional.
  • O recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA inaugura unha dobre cita feiral, coa cuarta edición do salón de enerxía Enerxétika e a primeira da feira de servizos municipais ExpoMunicipal. Ambos certames reunirán ata o sábado 520 firmas expositoras de 24 países dos sectores enerxético e municipal, as cales estarán representadas por 181 expositores de España, Portugal, Andorra, Francia, Italia, México, Israel e República Checa.
  • O Premio Aresa de Desenvolvemento Rural recoñece o traballo desenvolvido a prol do desenvolvemento do medio rural pola Moexmu, tal e como se coñece a Mostra Exposición Muimenta, unha iniciativa impulsada a mediados da década dos anos 80 do pasado século XX pola veciñanza desta localidade do concello de Cospeito, que se ten consolidado neste tempo como escaparate do sector agrogandeiro da comarca da Terra Chá e, por extensión, nun certame de referencia da provincia de Lugo e de Galicia.
  • O Festival Maré, que terá lugar en Santiago de Compostela entre este mércores 20 e o domingo 24 de setembro, anuncia a incorporación de novos artistas ao seu cartaz, así como o tributo “Celebrando a Kepa Junkera”, coa presenza do artista vasco, ou actividades como cine e un obradoiro de escrita creativa impartido por Ugia Pedreira e Nuno Pico, de Grande Amore.
  • O Recorda Fest fixo hoxe públicos os horarios dos 14 concertos que se celebrarán durante os días 8 e 9 de setembro no Peirao de Batería da Coruña. O venres a apertura de portas será ás 16:30 horas, e o sábado ás 16:45 horas. Despistaos será o grupo encargado de inaugurar un festival para todas as idades e que conquistará a pequenos e maiores, nun show de 17:00 a 18:00 horas. A continuación, será Miss Caffeína quen se suba ó escenario, de 18:30 a 19:30 horas.
  • O 20º aniversario do SonRías Baixas, celebrado os días 2, 3, 4 e 5 de agosto no recinto Multiusos da Estacada de Bueu, finalizou con récord histórico de asistencia e valoracións positivas sobre o seu desenvolvememnto por parte tanto do público como dos artistas implicados. O festival continúa un ano más siendo una de las citas de referencia del verano en las Rías Baixas. As xornadas, que nesta edición engadiron unha festa de presentación o mércores para dar a benvida aos asistentes, desarrollouse con total normalidade e sen incidentes.
  • Os días 1, 2 e 3 de setembro, A Coruña acollerá o XII Encontro Artes pola Integración, un proxecto que ten como principal obxectivo romper as barreiras entre artistas e persoas con e sen diversidade funcional e substituílas por vías de acceso bidireccionais que fomenten o coñecemento, o recoñecemento e a inclusión social a través das artes. Este evento arrincará nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña o venres 1 de setembro ás 19:00 horas, coa presentación do festival.
  • Autobán, o festival coruñés de cómic autoeditado, celebrará este agosto a súa décimo sexta edición, despois de oito quendas de verán, sete de inverno e unha edición en liña por mor da pandemia, e farao con importantes novidades e un aumento salientable de participantes e actividades. Máis de 70 artistas de toda a Península Ibérica porán á venda as súas novidades no encontro, que ademais contará con obradoiros, presentacións, edicións exclusivas, mostras e o célebre Combate de Debuxantes.
  • A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia e os seus certames paralelos Salimat Abanca, Turexpo Galicia, Festur e Fecap Abanca pecharon as súas portas tras cadro días nas que negocio e lecer uníronse tanto na súa área expositiva como no seu programa de actividades. A falta dunha hora e media para o seu peche (19.30h), o certame recibiu desde o pasado xoves a 100.684 visitantes, aumentado así as súas cifras respecto ao ano pasado.