Notas
-
Tras a interrupción de marzo por mor da declaración do estado de alarma, o Festival Atlántica vén de anunciar a continuación da súa oitava edición, que se vai celebrar entre novembro e decembro. A presentación tivo lugar este xoves, 29 de outubro, nunha rolda de prensa na que participaron Mercedes Rosón Ferreiro, primeira tenente de alcalde e concelleira Responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela; e Soledad Felloza, directora do Festival Atlántica.
-
O Galician Freaky Film Festival ultima os detalles da súa cuarta edición que, dun xeito atípico e inesperado, celebrarase no medio dun estado de alarma que afecta a todo o territorio nacional. Deste xeito, estase a traballar nun novo horario que se anunciará en breve, en canto a Xunta confirme a hora definitiva do toque de queda, xa que pode ser ás 22.00, ás 23.00 ou ás 00.00.
-
O I Congreso Galego do Teatro celebrarase os día 7, 8, 9 e 10 de outubro, na Cidade da Cultura e, con lixeiros cambios, co mesmo programa que estaba previsto. Baixo o lema co lema “Co 2030 no horizonte”, o Congreso pretende, entre outros obxectivos, crear un plan estratéxico e unha lei do teatro na próxima década. O Congreso, que ía celebrarse en marzo e que tivo que ser adiado por causa da pandemia da Covid-19, ten un duplo obxectivo.
-
Dende o seu aprazamento, con motivo da crise do Coronavirus dende finais de marzo, o Festival Galego de Cabaré foise adaptando á nova realidade para ofrecer unha nova e emocionante edición que terá lugar os días 2, 3 e 4 de outubro, co emblemático Teatro Colón da Coruña como epicentro absoluto dunha mostra única en toda a península arredor deste xénero que mestura comedia, danza, maxia, circo ou teatro envoltos nun fío conductor de picardía, elegancia, sensualidade, provocación... e mascarillas.
-
Nomes tan coñecidos como Xoel López, Luar na Lubre, Novedades Carminha, Susana Seivane, Mercedes Peón ou Triángulo de Amor Bizarro comparten programa con artistas que están a despuntar no panorama musical galego, como High Paw & Elephant Yards, Xoana, Blanco Palamera, Faia, Boyanka Kostova, Laura LaMontagne ou Pauliña, entre moitos outros. Este espazo musical desenvolverase ao longo de 50 programas duns 40 minutos de duración.
-
Rendeuse homenaxe en Guitiriz a Ricardo Carballo Calero, abríndose a exposición 'Don Ricardo de Fingoi', dentro dos actos do Festival de Pardiñas, que organiza a Asociación Cultural Xermolos. Na inauguración interviñeron a Alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira; o Presidente da Asociación Xermolos e da Irmandade Manuel María, Alfonso Blanco Torrado; o Presidente do Instituto de Estudos Chairegos, Manuel Castro Santamariña, e o xornalista Xulio Xiz, que falou sobre os quince anos lucenses do profesor.
-
Vilagarcía voltará a encherse de risas e espectáculo nunha edición que durará toda unha semana para gardar as debidas precaucións que marcan as autoridades sanitarias, e como aseguran dende a organización “Os espectáculos e festivais están mudando coa pandemia, a nova normalidade altera a interacción co público que tanto define ao clown, pero temos experiencia e solvencia suficiente como para adaptarnos e reinventarnos sen perder a nosa esencia.”
-
Este encontro destaca pola súa relevancia como punto de encontro para os profesionais do oficio da olería e cerámica galegos, do resto de España e Portugal, e como dinamizador económico e cultural da comarca e do sector artesanal. Neste encontro haberá demostracións e venda de produtos de 23 expositores do oficio da olería e cerámica.
-
Despois duns meses marcados pola incerteza, parece que hai feixes de luz que insisten en abrirse camiño. Un deles é o 17° Ribeira Sacra Festival, que celebrará unha cuarta edición máis íntima, máis próxima, esta fin de semana na Ribeira Sacra. Unha cita na que cada vez a música comparte maior protagonismo coa contorna, buscando proporcionar ao público unha experiencia única, cun formato diúrno e o feito de estar en espazos incribles que se saen do común: adegas, miradoiros, catamarán e as actividades incluídas dentro do Festival.
-
O Festival Internacional de cinema Play-Doc celebrarase na cidade de Tui do 23 ao 27 de setembro, despois de ter que pospoñer a súa décimosexta edición por mor da crise sanitaria. A organización do certame está a traballar, xunto co Concello da cidade, no deseño dunha edición especial e diferente que garanta a seguridade do público, dos invitados e do propio equipo, facéndoo compatible co pleno goce da programación e as actividades que terán lugar este ano.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »