Skip to main content

Notas

  • A artista pontevedresa Cora Velasco presenta este xoves en Lugo o seu último traballo 'Sortilegios’', un álbum no que a artista achega a súa faciana máis íntima e persoal ao tempo que denota máis madurez que nas dúas entregas anteriores. Despois de catro anos de carreira musical, máis de 200 concertos, tanto en Galicia como alén das súas fronteiras, dúas xiras por dez países de Europa e tres traballos editados, Cora Velasco reaparece cunha nova proposta.
  • Moncho Borrajo, José Luis Cuerda e Alejandro Dolina estarán na Coruña o 19 de maio como premiados –e invitados de honra- do Encontro Mundial de Humorismo. Os tres xenios da comedia desfilarán pola primeira alfombra vermella do humor acompañados por personalidades do mundo da cultura na gala espectáculo “Fantastic Colofon”. O obxectivo é converter A Coruña nun punto de encontro para a industria e os profesionais do humor.
  • A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 56ª edición, terá lugar os vindeiros días 3, 4 e 5 de maio en Ribadavia, e da a coñecer dúas actividades novidosas para a presente edición. Por un lado, decidiuse facilitar o procedemento de contacto entre os profesionais e as adegas participantes mediante un sistema de rexistro. Doutra volta, tamén se presenta o RibeiroBUS, para achegar a cultura do viño aos asistentes.
  • O cartel das festas de Ourense 2019 comeza a despexar incógnitas coa confirmación das primeiras bandas: Marea e Siniestro Total, dous dos nomes máis senlleiros do panorama rock. Os navarros, logo de 7 anos de ausencia, volven “coa xira máis grande endexamais contada” para presentar 'El azogue', o seu novo álbum (Adianto: En las encías). O segundo dos concertos confirmados é o dos vigueses Siniestro Total, que celebran 35 anos desde a súa formación.
  • O Festival Atlántica vén de clausurar oficialmente a súa sétima edición o pasado sábado, 23 de marzo, logo de 12 xornadas que se desenvolveron en 16 concellos diferentes. A cifras deste ano converten ao festival no encontro de narración oral máis grande da Península Ibérica: 8080 espectadores, 30 artistas e 87 funcións. O festival segue a apostar por funcións para todos, desde bebés ata encontros con maiores e incluíndo pases en lingua de signos.
  • O Concello da Coruña vén de informar da programación principal que conformará as Festas de María Pita 2019, que se celebrarán a partir do 1 de agosto. Logo da confirmación das datas de iniciativas como o 33ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia ou do XXII Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, danse a coñecer as actividades musicais que formarán parte dun programa dirixido a todos os públicos e que afondará na excelencia cultural da cidade.
  • O Festival Atlántica comeza este martes, 12 de marzo, a súa sétima edición, que se vai desenvolver ata o vindeiro día 23 en 16 concellos de toda Galicia: Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Lalín, Teo, Pazos de Borbén, A Fonsagrada, Viveiro, Monforte de Lemos, Guitiriz, A Coruña, Ourense, Vigo, Rianxo, Brión e Cuntis. Están programadas máis de 90 funcións dirixidas a todos os públicos e nas que participarán unha trintena de artistas.
  • A XXXIV edición da "Xuntanza Internacional de Gaiteiros", evento declarado de Interese Turístico e Cultural, reunirá o vindeiro sábado, 8 de xuño, no castelo de Monterrei a músicos de Galicia, Bélxica, Croacia, Escocia e Alemaña. Na Xuntanza tamén se vai a inaugurar unha exposición de gaitas procedentes dos países eslavos no Hospital do Peregrino, no Castelo de Monterrei, que poderá visitarse ata o día 15 de xullo de 2019.
  • A compañía de distribución galega anima aos concellos da comunidade a participar nesta iniciativa que, ademais de designar á cidade, vila ou pobo que máis se distingue nesta celebración, busca poñer en valor a singularidade dun evento de gran calado na nosa terra. A través dunha carta enviada aos alcaldes e alcaldesas, Gadis trasladou a invitación para converter o concurso nunha sa competencia na que cada Concello terá que achegar vídeos e fotografías.
  • A III Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro, abrirá as súas portas dende mañá ata o sábado na Feira Internacional de Galicia ABANCA coa presenza de 544 firmas expositoras de 32 países, dos cales 188 son expositores directos e 356 son marcas representadas. En canto ás firmas expositoras, supoñen un 39% máis que en 2017, cando foran 392, e son dun 33% máis de países.