Skip to main content

Notas

  • As razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción conseguiron aumentar os seus censos entre un 1,4% e un 25,4% no último ano, segundo fontes consultadas pola III Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2019. Así, as cinco razas bovinas rexistraron en conxunto un aumento de 164 animais, pasando de 11.274 exemplares en 2017 a 11.438 ao remate de 2018, un 1,4% máis.
  • Regresa á cidade da Coruña o espectáculo ​The Hole​. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento deu a coñecer que o Coliseum acollerá do 28 de febreiro e até o 3 de marzo diversas representacións de The Hole Zero, Nesta ocasión, a acción sitúase nos anos 70 e 80, concretamente, na noite de Fin de Ano de 1979. Será un evento de cabaré, música, circo e humor moi diferente ás anteriores presentacións da saga na cidade.
  • Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, celebra a súa vixésima edición en Expourense a partir do mércores que vén, día 6, ata o domingo, día 10 de febreiro. Este ano a feira reúne a 283 expositores achegados de 12 países: España, Portugal, Brasil, Panamá, Costa Rica, México, Colombia, Perú, Cuba, Arxentina, Nicaragua e Italia. Así, Xantar cumpre 20 anos e o celebra presentando o programa de actividades máis internacional.
  • A inauguración deste evento será presidida o venres polo alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro e conta co apoio do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña. CIBTC Coruña propón unha programación transversal con charlas, debates e talleres. A tecnoloxía Blockchain ou cadea de bloques defínese como unha base de datos sólida, distribuída, inviolable e criptográficamente segura.
  • A oferta náutica da Comunidade galega estará presente na LVIII edición do Salón Náutico de París, desde hoxe e ata o día 16 de decembro, ao obxecto de promover internacionalmente o turismo náutico e a actividade das instalacións náutico recreativas galegas, nun certame que reúne anualmente uns 250.000 visitantes de todo o mundo.
  • O Concello de Ourense vén de presentar a súa programación de Nadal, que este ano contará con máis de 400 propostas culturais, deportivas, de lecer e solidarias para que ninguén quede na casa, e aposta por actividades diarias para todos os públicos, converter as rúas nunha festa e chegar a todos os barrios da cidade. O acendido das luces de Nadal terá lugar o mércores a partir das 19:00 horas cun espectáculo na Praza Maior.
  • A segunda edición de Antiq Auria, Feira Internacional de Antigüidades, comeza este venres en Expourense e reunirá a medio cento de expositores procedentes de 4 países (España, Portugal, Francia e Suíza). A feira permanecerá aberta durante tres días, pechando o domingo 25 de novembro ás 21.00 horas. Trátase dun evento organizado de forma conxunta entre o recinto feiral e a Asociación “Memoria Antiga” de Ourense.
  • A Mobile Week Coruña (MWC) converte a Galicia na Comunidade elixida pola Mobile World Capital Barcelona para acoller o primeiro evento que celebra fóra de Cataluña. A Amtega colabora coa MWC con 17 actividades para estender súa influencia á área metropolitana da Coruña e a Santiago de Compostela. A súa participación na Mobile Week Coruña iníciase cun evento de referencia en materia de ciberseguridade para empresas e cidadáns no Gaiás.
  • A 3ª edición de SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2018, Festival Internacional e Certame de Creación de Dúos e Solos que terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense os días 23 e 24 de novembro 2018. A terceira edición contará con artistas de Galicia, País Vasco, Madrid, Cataluña, Asturias, Alicante, Valencia, Santander, Zaragoza, Murcia, Albacete, Sevilla, Portugal, México, Costa Rica, etc.
  • O II Salón do Deporte e Turismo Activo Sportur Galicia terá lugar en Expourense do 15 ao 17 de novembro e coincidirá coa celebración da XLII edición da carreira pedestre popular San Martiño, o domingo 18 de novembro. Esta conxunción de eventos fará que Ourense se converta no núcleo do atletismo e do deporte galego esta vindeira fin de semana gracias a estes eventos autonómicos de primeira orde.