Skip to main content

Notas

  • A Feira do Libro de Sanxenxo presenta un amplo programa de actividades, que deron comezo cun acto inaugural con pregón do filósofo e catedrático da USC Marcelino Agís. Ata o domingo 15, terán lugar na praza dos Barcos máis de 25 actividades relacionadas coa promoción da lectura e o mundo da cultura, pensadas para público de todas as idades. Presentacións e sinaturas de libros, exposicións, concertos, charlas e coloquios, ademais de actividades infantís, encherán de vida este céntrico enclave da vila.
  • O Corazón da Artesanía, VII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, pechou as súas portas en Agolada despois dunha fin de semana na que converteu o recinto histórico-artístico dos Pendellos no epicentro dos oficios artesanais, da gastronomía e da música. Arredor de 8.000 persoas acudiron a Agolada para visitar os 52 profesionais da artesanía, que representaban 26 oficios diferentes, e os 49 expositores de produtos gourmet.
  • Presentouse en Lugo o Blues Museum, segunda edición do Festival Internacional de Blues de Lugo, totalmente gratuíto, que organiza o Goberno da Deputación, coa colaboración do Concello de Lugo, os días 20 e 21 de xullo, na praza da Soidade da capital lucense. Esta nova programación musical conta cos artistas máis punteiros do blues así como as novas promesas deste repertorio, chegados de distintos puntos do mundo, como Estados Unidos, Italia, Inglaterra ou España.
  • A sexta edición do ciclo Cultura no Camiño chega este verán a Ourense cunha carteleira de 11 actuacións de música e teatro, que abre este xoves día 5 a cantante Lucía Pérez co concerto que ofrecerá ás 22:30 na praza de San Martiño. O ourensán é un dos 103 concellos das rutas xacobeas que colaboran neste programa, organizado por Agadic e Turismo de Galicia co patrocinio de Gadis, que desenvolverá 342 citas culturais ata finais de setembro.
  • A compañía internacional de Danza SóLODOS e a Concellaría de Cultura de Ourense presentaron no Museo Municipal a 6º edición de Danza no Claustro, que se desenvolverá no Claustro de San Francisco do 20 ao 22 de xuño. “Danza no Claustro é unha proposta escénica exclusiva, na que os artistas investigarán o propio espazo para facer unha proposta exclusiva no espazo co gallo de enxalzar a beleza do conxunto a través dos corpos dos bailaríns”.
  • Construír pensando na eficiencia, analizando a contorna antes de comezar a edificar para garantir que a obra sexa autónoma, gastando a menor cantidade de enerxía posible. Este foi o fío condutor do XII Simposio sobre Enerxías Renovables celebrado en Expourense e no que 16 expertos de España e Suíza promoveron a edificación responsable e sostible. A xornada reuniu a un cento de profesionais que seguiron con interese as ponencias e participaron activamente na rolda de preguntas.
  • Tras los históricos incrementos de 2016 y 2017, el (S8) 9ª Mostra Internacional de Cinema Periférico convoca a 12.070 visitantes, un 8% por ciento más que la edición anterior. La 9ª Mostra ha estrenado mundialmente las obras ‘Vulture’, de Philip Hoffman, ‘Winter in Paris’, de Frield vom Gröller, ‘Reliefs’, de Tono Mejuto, ‘Ceniza verde’, de Pablo Mazzolo o ‘Mater Amatísima’, de María Ruido.
  • O rock, o jazz, a música indie ou a psicodelia serán algunhas das propostas programadas este ano polo Concello na Praza de San Martiño e na Praza do Ferro, con motivo das Festas de Ourense. Os escenarios instalados no corazón do Casco Vello acollerán un total de once actuacións, entre as que destacan nomes como os do músico Indomable, o grupo Tachenko ou os ourensáns De vuelta e The Phantom Dragters.
  • Gastronomía e música daranse a man o vindeiro día 30 de xuño nas Burgas, no marco do Enofestival 2018, dentro da programación das Festas de Ourense. Esta mañá tivo lugar a presentación do certame, que contará coa participación dos grupos Cooper, Anaut e Mad Mission, cuxa música combinarase coa degustación dos viños de Adegas Celme, Grupo Reboreda Morgadío, Cunqueiro, Vilerma, Eduardo Bravo e Pablo Vidal.
  • A XXXIII edición da 'Xuntanza Internacional de Gaiteiros"', evento declarado de Interese Turístico e Cultural, reunirá o vindeiro sábado no castelo de Monterrei a músicos de Galicia, Asturias, Escocia, Irán, India e Xapón. Esta edición será en memoria do insigne mestre gaiteiro-artesán Antón Varela 'Tonecho'. A presentación desta celebración tivo lugar no Pazo Provincial de Ourense.