Notas
-
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, asistiu á recepción ás Confrarías gastronómicas e enófilas internacionais, ofrecida no marco da 19ª edición do Salón Internacional de Turismo gastronómico-Xantar 2018. Converteuse en referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros de España e Portugal ao que se han ido sumando outros países de Iberoamérica.
-
Haberá 12 países representados destacando a presenza de Portugal como convidado. Conta con 15 restaurantes que ofrecen 20 menús con prezos entre os 14 e os 30 euros. Entre o 31 de xaneiro e o 4 de febreiro, no Salón Internacional de Turismo Gastronómico reúne a cociñeiros mediáticos como o semifinalista de Masterchef 5, Nathan.
-
A directora de Turismo presentou a experiencia "Descubre o teu propio Camiño", que facilita a peregrinación a través do emprego de handbikes eléctricas e híbridas e se suma ás melloras de accesibilidade nos albergues do Xacobeo. Conmemórase o 25º aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio Mundial. Concertos e o programa "Cultura no Camiño", antesala do Xacobeo 2021.
-
Os directores de Turismo de Galicia e da prefectura de Wakayama lembran en Fitur os valores comúns que comparten ambas rutas para peregrinos de todo o mundo. Portos de Galicia fixa como obxectivo da náutica galega a fidelización de clientes europeos. Os Trens Turísticos de Galicia estrean dous itinerarios máis no ano 2018.
-
O titular do Goberno galego preside o acto de presentación de Turismo de Galicia en Fitur 2018 e insiste en que a Comunidade seguirá apostando por un turismo respectuoso e de calidade, que permita preservar o patrimonio e ofrecer a mellor atención ao visitante. Resalta a posta en marcha este ano de “O son do Camiño”, un amplo programa de concertos que servirá como prólogo musical para o grande evento do turismo en Galicia.
-
A directora de Turismo, Nava Castro, avanzou a programación de Galicia na feira internacional que se celebra en Madrid. De interior e costeiros, destacan ‘Galicia Surfing’, ‘Club da auga’, ‘Escenarios ao volante’ e ‘Experiencias nos seis parques naturais’, e tamén teñen lugar destacado as candidaturas das Cíes e da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco.
-
A organización por parte de Expourense de dúas Feiras de Antigüidades será unha novidade no calendario feiral da Fundación para este ano 2018. Estas citas celebraranse no mes de maio e no de novembro e contan co apoio dos empresarios do sector en Ourense tal e como o ratifica o convenio asinado entre Expourense e os anticuarios José Antonio Ferreiro Ferrares e Gerardo Manuel Román Iglesias.
-
Así lo destacó la directora general de Ganadería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, en la feria que ensalza este producto en la capital chairega. Belén do Campo destacó también que “la de este año va a ser la primera feria que se celebre después de la inclusión de la IXP Capón de Vilalba en el registro de la UE”.
-
O Concello abre ata o día 21 de decembro o prazo de inscrición para os establecementos interesados en participar neste evento gastronómico, que se desenvolve coincidindo co Entroido. O seu obxectivo é potenciar a cidade como destino gastronómico durante o Entroido coruñés a través do menú característico e popular da época.
-
A responsable de Turismo da Xunta apoiou na feira IBTM World a presentación dos recursos e infraestruturas galegas para este nicho de mercado, nunha clara aposta por mellorar a súa capacidade como destino do turismo de negocios. A estratexia turística do Goberno galego dedica unha liña específica a este tipo de viaxeiros, cunha alta capacidade de gasto.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »