Skip to main content

Notas

  • O Esmorga Fest, a cita que reúne a todos os amantes da música indie e underground fóra das datas de verán, volve un ano máis a Sarria (Lugo). Xa se adiantaron tres dos grupos que formarán parte do festival. Toundra, Perro e Ànteros son as primeiras bandas dun cartel que conta co selo de calidade SON Estrella Galicia e que promete manter a liña ascendente que amosou desde a súa orixe.
  • A feira de transporte de viaxeiros por estrada ExpoBus Iberia, a cal se celebrará os días 9 e 10 de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA, contará cunha atractiva exposición de autocares clásicos. Na mostra, que contará con cerca dunha vintena de vehículos, poderán verse orixinais autocares dende a década dos 30, como algún que levaban conxuntamente gando e persoas.
  • A Cidade da Cultura celebra este sábado a súa primeira foliada de outono co ‘Magosto no Gaiás’. Para celebrar esta cita cultural e gastronómica con tanto arraigo na cultura popular galega, non só se contará coas imprescindibles castañas senón que se adobiará a festa cos ritmos enxebres e enérxicos de Xosé Lois Romero & Aliboria.
  • Rairiz de Veiga leva 175 anos a representar o combate entre mouros e cristiáns no marco da 'Romaría da Saínza' que este ano ofrecerá un completo programa de actividades para tódolos públicos. A presentación tivo lugar no Pazo Provincial de Ourense, e participaron o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade; o presidente da Asociación socio-cultural Amigos da Romaría da Saínza, Julio Domínguez; e a colaboradora do evento, Ana Belén Míguez.
  • As Feiras e Festas das San Lucas celébranse en Mondoñedo dende o ano 1.156, e están consideradas as máis antigas de Galicia e unha das máis antigas de Europa. Foi naquela época, concretamente o 9 de novembro de 1156, cando o rei Alfonso VII concede a Vilamaior (Mondoñedo), o titulo de cidade, o que conleva feira mensual nas calendas así como unha feira anual de 8 dias por Santa María de agosto (orixe das feiras). O cabalo é o protagonista indiscutible desta cita, que comeza o 17 de outubro.
  • A XII edición do Festival Arteficial ofrecerá aos asistentes máis de doce horas de música en directo en catro espazos do conxunto histórico de Ribadavia, o vindeiro sábado, 1 de setembro. A presentación desta celebración cultural tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e os membros da Asociación Arteficial, Uxía Estévez, Alba Doval e Quique Rodríguez.
  • A Consellería de Sanidade informa que permanecen ingresadas seis persoas a consecuencia do accidente ocorrido no festival do Marisquiño. Catro delas están no Hospital Álvaro Cunqueiro, unha en Povisa e outra no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Ata actualidade, foron atendidas nos distintos dispositivos asistenciais un total de 456 persoas, que resultaron feridas de distinta consideración no accidente.
  • As artes escénicas galegas teñen unha nova cita no Carballiño, do 22 ao 24 de agosto, con motivo da celebración da XXIX edición do Festival de Teatro Galego (FETEGA), que foi presentada hoxe no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense polo deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; e a directora do FETEGA, Josi Lage.
  • O IV Festival Intercéltico O Son do Pazo terá lugar os días 31 de agosto e 1 de setembro no municipio pontevedrés de Mos, cun cartel que conta con actuacións coma as de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, Leilía, o grupo irlandés Backwest e a banda de gaitas Airiños do Castelo, así como cos concertos de H2folk, Xulio Lorenzo e Andoa.
  • Un total de 27 expositores do oficio da olería participan este ano na XXIV Mostra de Alfaroleiros, con demostracións e venda de produtos. Xunto aos artesáns galegos de Buño, Niñodaguia, Gundivós, Bonxe, Salvaterra de Miño e Brión toman parte tamén oleiros de Toledo, Castellón, Xaén, Granada, Córdoba, Segovia, A Rioxa, Badaxoz, Zamora, Cáceres, e Portugal. Este ano a olería convidada é o Centro Alfarero de Candelaria Casa Las Miquelas de Santa Cruz de Tenerife.