Notas
-
Tras percorrer 15 concellos das catro provincias desde o pasado mes de marzo, as Feiras do Libro de Galicia despiden en Monforte de Lemos a edición de 2017, cun amplo escaparate das novidades editoriais, xunto cunha programación diversa para a dinamización da lectura e a difusión do libro entre a cidadanía. Ata o próximo 26 de agosto, varias librarías ofrecerán na rúa do Cardeal os títulos editoriais máis recentes.
-
As prazas enchéronse de xente rindo a esgalla na última semana en Vilagarcía. Na función menos concorrida da Mostra Internacional, no escenario da Praza de Galicia ás 21.30 cada noite, habería unhas 700 persoas. O Festival Internacional de Clown de Galicia, Festiclown, chegou á súa fin nesta edición, a terceira en Vilagarcía de Arousa, por todo o alto.
-
A feira Foz Market abría as súas portas no porto focense con food trucks, salón do automóbil, ocio infantil e actuacións musicais aos mediodías e polas noites. A entrada a Foz Market é gratuíta. Na súa apertura foi visitada polo alcalde de Foz, o presidente de ACIA/CCA de Foz e outros membros da corporación.
-
O XI Festival Arteficial volta un ano máis co seu formato de festival/romaría diurna de música alternativa ao longo do sábado 2 de setembro, entrada gratuita. Xa consolidado como un dos referentes da alternativa do norte da península, nun marco incomprabale como é o corazón da vila medieval de Ribadavia.
-
O colectivo artístico internacional Pallasos en Rebeldía percorreu no 2016 Idomeni, Calais e Melilla, e, este ano, xuntouse coa banda tinerfeña de rumba mestiza Caracoles nunha caravana chamada Flores Contra El Olvido que entre o 4 e o 7 de maio realizou actuacións en vivo en colexios, hoteis e prazas.
-
Os concertos, que se desenvolverán entre as 21,30 e as 2,00 horas na praza da Estrela, no peirao de Transatlánticos e no Espazo Mahou, serven de complemento ao programa estritamente deportivo, que reúne atletas de elite de Europa, América e Asia en disciplinas como BMX, Skateboarding, FMB Dirt Jump, MTB Downtown, Flatland, Motocross e Motonáutica.
-
Tres estilos ben diferentes pero igual de divertidos musicarán os solpores desta semana do Atardecer no Gaiás, que arranca o día 10, coa novidosa proposta do primeiro grupo de trap en galego, Boyanka Kostova, ao que lle seguirá o venres o coñecido pop bizarro de Hidrogenesse. E para rematar, o festeiro garage punk de Terbutalina.
-
Este luns celebrouse a inauguración da XX edición de Viñetas desde o Atlántico, que terá lugar na cidade ate o día 13 de agosto. Nun acto no Kiosco Alfonso, no que estivo presente o director do evento, Miguelanxo Prado, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín e o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, o rexedor destacou que “Viñetas deste o Atlántico forma xa parte dos símbolos que nos definen e identifican como cidade”.
-
O vindeiro sábado, 12 de agosto, vaise celebrar a décimo cuarta edición da Festa do Percebe de Rinlo. O evento foi presentado este mediodía nese peirao. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, comentou que “este vindeiro sábado, día 12 de agosto, volve a Ribadeo, particularmente volve a Rinlo, esta parroquia pequena, pero tan marabillosa que temos aquí en Ribadeo, a Festa do Percebe de Rinlo".
-
La Feria del Libro de A Coruña abrió esta mañana las puertas de la suya cuadragésimo sexta edición, que ofrecerá un programa de más de un ciento de actividades hasta el próximo 10 de agosto. Algunos de los escritores y escritoras más destacados de Galicia participarán durante los próximos días en este encuentro, que cuenta con cerca de 40 stands.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »