Notas
-
A X Edición de Música no Claustro chega do 6 ao 10 de agosto con gran expectación debido a ter experimentado un importante crecemento dende o punto de vista cultural, artístico e de xestión. A grella de programación ascende nesta edición a 7 concertos, xa que o sábado e o domingo o festival ofrece dúas propostas musicais. Cabe destacar a experiencia única de coñecer a Catedral a escuras baixo a luz da lúa chea á media noite durante o concerto de órgano que o galego Fernando Buide, doutor na Universidade de Yale, ofrecerá en memoria ao Pai Rosendo Salvado.
-
A presentación do evento, que se celebra en Verín do 8 ao 10 de agosto, tivo lugar no Centro Cultural da Deputación onde se posicionou como “o gran escaparate dos viños desta denominación de orixe” que “potencia a calidade e incrementa a promoción destes caldos".
-
O conselleiro de Economía e Industria destaca que “a mellor maneira de preservar o patrimonio artesán é incidir na competitividade e na potenciación do talento galego” e lembra que o sector emprega xa a máis de 5.000 persoas en Galicia. Subliña que o Plan de Artesanía de Galicia persegue conseguir un sector artesán “sólido e sostible no tempo”, e que contribúa ao crecemento da economía galega.
-
Turismo de Galicia apoia a LII edición da Festa do Pulpo do Carballiño que conta coa declaración de Interese Turístico Nacional e que se celebra o segundo domingo de agosto. Considérase reclamo turístico e elemento transversal para a creación de novos produtos e experiencias para os viaxeiros.
-
A artesanía en vivo compartirá programa un ano máis coa gastronomía, música e baile, workshops e charlas; así como actividades para nenos e nenas. Entre as novas incorporacións a esta cita na que se unen tradición e vangarda están a carpintería de ribeira e a montaxe de moscas para a pesca.
-
Entre el 4 y el 6 de julio se celebra en Os Pendellos de Agolada la III Muestra Corazón de Artesanía.
-
Apostolus, la primera Feria internacional de arte, artículos e itinerarios religiosos y culturales celebrada en Galicia, arranca en julio en el Monasterio de San Martín Pinario, en Santiago de Compostela.
-
Maiores de toda Galicia participaron activamente promovendo a vellez como unha etapa da vida repleta de aspectos positivos. O papel do termalismo social no envellecemento saudable centra a segunda xornada de Galisenior.
-
Máis de 150 profesionais asistiron ás xornadas técnicas centradas na detección precoz da dependencia e na posta en valor do papel activo dos maiores na sociedade. A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou en Expourense indicando que Galicia é pioneira en envellecemento activo.
-
Turismo de Galicia participa en tres encontros cos operadores máis destacados dos mercados chineses de Shanghai, Cantón e Pequín. Tamén entre o 13 e o 16 de maio promóvese o Camiño de Santiago na International Christian Resources Exhibition.