Skip to main content

Rock and kids band pone música a la concentración de disfraces que se organiza en la Cidade da Cultura de Galicia

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación celebra o luns, 16 de febreiro, un Baile de Entroido no que gozar coas mellores cancións da historia do rock. Só por ir disfrazados ou con máscara, pais e nenos están convidados a asistir de balde ao Museo Centro Gaiás a un concerto moi especial da man da ‘Rock and Kids’, banda formada por iconas do rock como Amy Guay, Angus, Jon Limón, Fredy Mercurio e Kiss. Xunto a eles, faremos un percorrido pola historia do rock a través dos seus temas máis míticos.

O concerto da Rock and Kids está conducido por unha mestre de cerimonias moi especial: StarSuperStar, que se encarga de propoñer un xogo por tema para que pequenos e maiores bailen xuntos e acaben convertidos nas grandes estrelas do espectáculo. Ademais, ao inicio e ao final do espectáculo, os asistentes poden posar nun divertido photocall no que converterse en verdadeiras estrelas do rock e levar un recordo para casa.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.