Notas
-
O delegado territorial da Xunta en Ourense participou no acto de presentación da memoria de actividades do recinto que acolleu dez feiras e unha vintena de eventos que contaron con máis de 128.000 visitantes e 855 expositores de 30 países. Foron 3 as feiras internacionais que marcaron o calendario o pasado ano: Xantar, Funergal e Termatalia, que tivo lugar por segunda vez en América.
-
A IX Feira da Artesanía do Ferro que se celebra o 19 de abril porá unha vez máis en valor a tradición ferreira do concello así como doutras zonas da xeografía galega e nesta edición, tamén, da comunidade foral de Navarra, converténdose nun dos principais reclamos turísticos da comarca.
-
Logo da participación na feira de Boloña, con actividades de ilustradores da AGPI no stand de Galicia, o sector editorial galego estará representado nas citas de Bos Aires, Frankfurt e Guadalaxara. Galicia conta cun stand propio nas principais feiras internacionais do sector para favorecer o contacto dos profesionais galegos cos homólogos doutros países.
-
Economía e Industria promove a posta en valor do produto artesán galego con distintas actividades nos Días Europeos da Artesanía. Oito artesáns impartirán talleres gratuítos e demostracións no marco de Oficios en Acción. Inclúense talleres de cerámica de torno da man de Cerámica Unzueta (Brión), do ceramista Nano Unzueta, de cerámic-chef con Terralume, e ourivaría.
-
A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid, acolleu a presentación en Madrid da Semana Santa de Lugo, co obxectivo de dar a coñecer e difundir, entre medios e público en xeral, a tradicional Semana Santa lucense e todos os atractivos que a rodean. Turismo Relixioso, Patrimonio Cultural, Lugo Romano e Lugo Verde, fan da cidade un destino único e incomparable.
-
A Deputación Provincial impulsa un ano máis a Semana Santa lucense 2015 cunha achega de 12.000 eurosA Vicepresidenta Lara Méndez, durante a presentación do cartel e do programa da Semana Santa de Lugo 2015, subliñou que “é unha oportunidade económica e turística de primeira magnitude”, polos datos de ocupación hoteleira na provincia nesas datas, e tamén a implicación dos lucenses xa que na organización participan unhas 3.000 persoas.
-
Entre os días 18 e 21 de marzo, a oferta turística galega e o Camiño de Santiago están na principal feira turística de Rusia. Turismo de Galicia promove tamén o destino Galicia en Suecia entre os días 20 e 22 de marzo. Dous mercados potenciais de grande interese para Galicia que no pasado ano rexistrou a visita de 7.911 viaxeiros rusos e 8.570 turistas suecos.
-
Esta feira sectorial que goza dunha grande popularidade e repercusión ten lugar dende o 13 ata o 15 de marzo no Centro Kursaal. Turismo de Galicia participa tamén na feira de turismo sostible Fa’ La Cosa Giusta en Milán.
-
A segunda edición como feira internacional contou coa presenza de 10 países e recibiu 22.000 visitas, das que 17.800 comeron ou cearon no salón. Manuel Garea gaña por segundo ano consecutivo o Concurso de Cociña Xantar Gourmet
-
O vicepresidente, Alfonso Rueda, destacou que o espírito do Salón Internacional de Turismo Gastronómico encaixa á perfección cos grandes eixes da política da Xunta. Rueda inaugurou en Expourense a XVI edición de Xantar, que este ano conta con Costa Rica como país convidado e máis de 180 expositores.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- …
- seguinte ›
- última »