Notas
-
O Salón regresa ó calendario feiral de Expourense e celebrará a súa 13ª edición os días 6 e 7 de novembro. Ofrecerá un completo programa de conferencias e obradoiros e un show de perruquería a cargo do equipo artístico de KIN Cosmetics.
-
O V Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo celebrarase entre o 14 e o 17 de outubro de xeito paralelo a Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal, en Expourense. Trátase do único encontro a nivel mundial no que conflúen todos os axentes do sector de Europa e América Latina.
-
La 10ª edición de la Feria Internacional de Turismo Termal de la Península Ibérica fue presentada esta mañana en Madrid.
-
O concerto gratuito do grupo británico Placebo terá lugar o venres 8 de outubro na Praza Horta do Seminario no marco das Festas de San Froilán de Lugo e baixo o patrocinio do Xacobeo 2010.
-
Xa están á venda as entradas para asistir ao concerto que o mítico cantautor canadense Leonard Cohen ofrecerá o vindeiro 12 de setembro a partir das 21.00 horas no Pavillón Paco Paz de Ourense, dentro da programación deseñada para o Camiño da Música de Xacobeo 2010.
-
A Consellería de Economía e Industria ven de conceder máis de 1,8 millóns de euros á modernización e implantación de comercios situados nas zonas rurais de Galicia, así como en diversas rutas do Camiño de Santiago.
-
O Concello de Palas de Rei última os preparativos da celebración da Festa da Terceira Idade.
-
O espectáculo pirotécnico da noite do 24 de xullo contará como novidade con réplicas entre o 25 e 30 de xullo e cos fogos do 31, convertindo a Compostela no punto de unión de tradición e vangarda na difusión do Xacobeo.
-
Trátase da festa vinícola máis antiga de Galicia, declarada de Interese Turístico Nacional no ano 1998. Saliéntase a capacidade do enoturismo para incrementar os fluxos turísticos, desestacionalizar a demanda, desenvolver a economía local e rexional, crear unha imaxe de destino de calidade e impulsar a produción deste viño galego.
-
A Carballeira de Caldas de Reis contará cun Escenario Xacobeo polo que pasarán un total de 15 artistas: Dirty Socks, Johnny Winter, Ocean Colour Scene, Tricky, Cla, DJ Amable, Pulsa Denura, Hola a Todo el Mundo, Magnética, The Sonics, Kitty Daisy & Lewwis, The Raveonettes, Tony Lomba & Elio Dos Santos e DJ Lagartija.