Skip to main content

Notas

  • A oferta náutica da Comunidade galega estará presente na LVIII edición do Salón Náutico de París, desde hoxe e ata o día 16 de decembro, ao obxecto de promover internacionalmente o turismo náutico e a actividade das instalacións náutico recreativas galegas, nun certame que reúne anualmente uns 250.000 visitantes de todo o mundo.
  • O Concello de Ourense vén de presentar a súa programación de Nadal, que este ano contará con máis de 400 propostas culturais, deportivas, de lecer e solidarias para que ninguén quede na casa, e aposta por actividades diarias para todos os públicos, converter as rúas nunha festa e chegar a todos os barrios da cidade. O acendido das luces de Nadal terá lugar o mércores a partir das 19:00 horas cun espectáculo na Praza Maior.
  • A segunda edición de Antiq Auria, Feira Internacional de Antigüidades, comeza este venres en Expourense e reunirá a medio cento de expositores procedentes de 4 países (España, Portugal, Francia e Suíza). A feira permanecerá aberta durante tres días, pechando o domingo 25 de novembro ás 21.00 horas. Trátase dun evento organizado de forma conxunta entre o recinto feiral e a Asociación “Memoria Antiga” de Ourense.
  • A Mobile Week Coruña (MWC) converte a Galicia na Comunidade elixida pola Mobile World Capital Barcelona para acoller o primeiro evento que celebra fóra de Cataluña. A Amtega colabora coa MWC con 17 actividades para estender súa influencia á área metropolitana da Coruña e a Santiago de Compostela. A súa participación na Mobile Week Coruña iníciase cun evento de referencia en materia de ciberseguridade para empresas e cidadáns no Gaiás.
  • A 3ª edición de SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2018, Festival Internacional e Certame de Creación de Dúos e Solos que terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense os días 23 e 24 de novembro 2018. A terceira edición contará con artistas de Galicia, País Vasco, Madrid, Cataluña, Asturias, Alicante, Valencia, Santander, Zaragoza, Murcia, Albacete, Sevilla, Portugal, México, Costa Rica, etc.
  • O II Salón do Deporte e Turismo Activo Sportur Galicia terá lugar en Expourense do 15 ao 17 de novembro e coincidirá coa celebración da XLII edición da carreira pedestre popular San Martiño, o domingo 18 de novembro. Esta conxunción de eventos fará que Ourense se converta no núcleo do atletismo e do deporte galego esta vindeira fin de semana gracias a estes eventos autonómicos de primeira orde.
  • O Esmorga Fest, a cita que reúne a todos os amantes da música indie e underground fóra das datas de verán, volve un ano máis a Sarria (Lugo). Xa se adiantaron tres dos grupos que formarán parte do festival. Toundra, Perro e Ànteros son as primeiras bandas dun cartel que conta co selo de calidade SON Estrella Galicia e que promete manter a liña ascendente que amosou desde a súa orixe.
  • A feira de transporte de viaxeiros por estrada ExpoBus Iberia, a cal se celebrará os días 9 e 10 de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA, contará cunha atractiva exposición de autocares clásicos. Na mostra, que contará con cerca dunha vintena de vehículos, poderán verse orixinais autocares dende a década dos 30, como algún que levaban conxuntamente gando e persoas.
  • A Cidade da Cultura celebra este sábado a súa primeira foliada de outono co ‘Magosto no Gaiás’. Para celebrar esta cita cultural e gastronómica con tanto arraigo na cultura popular galega, non só se contará coas imprescindibles castañas senón que se adobiará a festa cos ritmos enxebres e enérxicos de Xosé Lois Romero & Aliboria.
  • Rairiz de Veiga leva 175 anos a representar o combate entre mouros e cristiáns no marco da 'Romaría da Saínza' que este ano ofrecerá un completo programa de actividades para tódolos públicos. A presentación tivo lugar no Pazo Provincial de Ourense, e participaron o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade; o presidente da Asociación socio-cultural Amigos da Romaría da Saínza, Julio Domínguez; e a colaboradora do evento, Ana Belén Míguez.