Skip to main content

Notas

  • A fase final terá lugar os días 21 e 22 de decembro no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda. O obxectivo é configurar un completo fin de semana de competición entre os 16 equipos que se clasifiquen para a fase final. Nos Espazos Xoves de menor poboación (Betanzos, Curtis, Noia, Pontedeume, Vilalba, Viveiro, Chantada e Tui) clasifícase un equipo por zona, mentres que nos catro de maior poboación (Carballo, Ourense, Lalín e Vilagarcía) serán dous.
  • Ourense converterase un ano máis na capital galega da información, marketing, deseño e publicidade coa celebración do Foro da Comunicación de Galicia chega a súa sétima edición consolidado xa como un punto de encontro de referencia para os profesionais galegos vencellados a estes sectores. Esta cita celebrarase o venres 29 de novembro en Expourense.
  • A II Feira do Transporte de Viaxeiros por estrada, ExpoBus Iberia 2019, a cal se celebra ata o sábado na Feira Internacional de Galicia ABANCA, medra considerablemente con respecto á súa primeira convocatoria. Así, ademais de ampliar nun día a súa duración, o certame conta con 152 firmas expositoras, un 50% máis que na pasada cita, cando foran 101. Delas, 64 son expositores directos presentes con stand, un 39% máis, xa que en 2018 foran 46.
  • O I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo celebrarase en Expourense de forma paralela e complementaria á terceira edición de ‘Sportur Galicia’, Salón do Deporte e Turismo Activo. Trátase dun evento dirixido aos profesionais do sector como poden ser as federacións deportivas; Pemes e autónomos do sector do deporte e o turismo; Axencias de viaxes; Clubs e empresas do deporte; Administracións públicas, etc.
  • O establecemento instalado no Hotel Carrís Ribeira ata o 17 de novembro é froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e o Grupo Nove. Funcionará como embaixador da gastronomía galega e afondará na internacionalización e desestacionalización nun mercado de gran potencial. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na preapertura do establecemento nun acto para a prensa española e portuguesa
  • O Premio Ourense, un dos máis arraigados na historia do Ourense Film Festival, será na 24ª edición, organizada pola Deputación de Ourense, para o director ourensán Norberto López Amado que, desde finais deste ano, dirixirá a serie "3Camiños", que será gravada por varios países pola produtora galega Ficción Produccións. O Premio Ourense foi na edición anterior para o actor Luis Tosar, e entre os galardoados en edicións anteriores están os directores Luis Gª. Berlanga, Enrique Urbizu e Emilio Martínez Lázaro.
  • O ciclo DJ’s no Camiño chegará o vindeiro martes 13 a Ordes, por onde transcorre o Camiño Inglés, cun set especial de David Expósito, CDC Djs e Marcos Magán. O espectáculo, terá lugar a partir das 23,30 h. na Alameda desta localidade coruñesa, como arranque das festas patronais de Santa María, e desenvolverase nun gran escenario de 20 metros, con 40.000 watios de son, seis pantallas xigantes, agasallos para o público e fogos de artificio.
  • A lenda estadounidense do rock, Patti Smith, actuará este venres no 33º Festival Noroeste Estrella Galicia. O seu directo é unha das citas máis esperadas do ano, xa que se trata do único concerto gratuíto que a artista ofrecerá este verán no estado. Smith, acompañada pola súa banda, revisará no areal coruñés os grandes éxitos dunha carreira de máis de catro décadas e ateigada de himnos que forman parte da historia universal do rock, como Because the night, People have the power ou Gloria.
  • A feira de artesanía MOSTRART, que se está a celebrar nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, renova a partir de hoxe 13 das súas casetas, ca participación de outros 13 novos obradoiros que suporán un atractivo engadido e a oportunidade de visitar a feira por segunda vez, para encontrar novas e refrescantes propostas creativas. Mostrart está organizada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA), que traballa na promoción da artesanía dende 1983.
  • O vindeiro mércores 24 de xullo terá lugar a primeira das actuacións artísticas do ciclo Experimenta, en colaboración co grupo Tele-Clube de Lugo. A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acollerá, ás 20:30 horas, a perfomance Púlsar, que ofrecerán o coreógrafo e bailarín coruñés Javier Martín e o percusionista lucense Luis Casanova. Trátase dun espectáculo de improvisación a nivel de música e movemento que combina batería e danza.