Skip to main content

Notas

  • Coincidindo coa festa dos Milagros de Saavedra, que se celebra o mércores, instalouse a quinta das esculturas que nas 19 parroquias do concello de Begonte van conformar un intanxible Camiño do Belén. A escultura, do artista lucense César Lorenzana é un gran banco de frores, dedicado á Virxe como 'Dona das frores. Señora dos Milagres. Mai do Belén'.
  • A conta atrás do festival de música independente de Vilalba comezou, xa que queda menos dun mes para que a localidade tíngase de fucsia do 28 ao 30 de abril. Unha oferta musical que naceu anos atrás, ao amparo das Festas Patronais de Vilalba, e que, tras máis dunha década de historia, foi adaptándose aos tempos ata converterse nun referente do calendario festivaleiro nacional, abrindo a tempada.
  • A 23ª edición desta iniciativa musical destinada a promocionar novos valores da música Celta, será o primeiro concurso que acolla a renovada web do Festival. O Concello de Ortigueira tamén enfocará nas redes sociais os esforzos para impulsar o contacto cos seguidores do evento a nivel mundial. Renovará a campaña de difusión do concurso de novos talentos e estenderá o período de votación online, no que cada persoa poderá elixir aos seus artistas favoritos ata o día 20 de maio.
  • Galicia volve a Fitur, que recupera a súa data tradicional a principios de ano e que se celebrará de xeito presencial do 19 ao 23 de xaneiro, cun stand de máis de 1.000 metros cadrados no que se presentará como destino aberto ao turismo internacional da man do Xacobeo e no que confluirán os valores tradicionais da oferta turística galega coa imaxe dunha Galicia nova en constante transformación, co Camiño de Santiago como eixo central.
  • 250 persoas de países como Xapón, Australia, Brasil ou China participarán do 15 ao 17 de decembro na VI edición do Congreso internacional de lingua, lingüística e tecnoloxía, techLING2021, unha ventá ás principais novidades do momento en materia de tecnoloxías e ensinanza de linguas. Organizado polos profesores José Yuste, Óscar Ferreiro e Emmanuel Bourgoin, do Grupo de investigación Tradución & Paratradución da Facultade de Filoloxía e Tradución, a cita celebrase integramente en liña.
  • Un ano máis o Festival Internacional de Teatro de Ourense volve á programación cultural ourensá. Nesta 14 edición, o certame desenvolverase na cidade das Burgas e, tal e como o fixera o pasado ano, tamén terá presenza no Concello de Barbadás. Serán en total nove espectáculos de temáticas e xéneros diversos nos que as compañías galegas terán un protagonismo destacado.
  • Este mércores da comezo a 17ª edición do Festival Internacional de Cine de Tui, Play-Doc. O co-director do certame, Ángel Sánchez, presentou a programación, nun acto celebrado no Teatro Municipal de Tui e no que estivo acompañado polo alcalde da localidade tudense, Enrique Cabaleiro; a deputada provincial de Cultura, María Victoria Alonso, e o xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en Pontevedra, César Pérez.
  • A covid-19 puxo máis que nunca o foco na importancia da saúde física e mental e fomentou igualmente un turismo centrado no benestar e o contacto coa natureza. Arrancou en Ourense a cuarta edición do Simposio Internacional sobre Termalismo e Calidade de Vida, organizado polo Campus Auga da Universidade de Vigo, cunha programación na que o potencial do termalismo como fonte de oportunidades turísticas e de saúde na pospandemia ten un protagonismo destacado.
  • A Asociación Cultural “Cántigas e Frores” celebrará A Feira do 48 na Canella do Hospital de Lugo os días 4 e 5 de setembro. Trátase da cuarta edición. Na Feira do 48 poderase desfrutar dos seguintes contidos: Exposición de artesanía, pregón, actuacións musicais e de baile tradicional galego, e dúas ruadas, que se celebrán o sábado e o domingo, respectivamente.
  • O X Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia 2021, o cal levará a cabo unha edición especial do 3 ao 5 de setembro co apoio da Axencia Turismo de Galicia, contará unha vez máis coa súa recoñecida Bolsa de Contratación Turística. Esta volverá ser unha efectiva plataforma de negocio ao manter cifras similares á súa última edición previa á pandemia.