Notas
-
Fará a a presentación o seu director Fernando Cortizo, autor doutras curtas curtas como Blackcat spantat, Solo, O ladrón de bonecas, Bucowski, ou Promesa interesándose e especializándose na técnica de animación stop motion. O APÓSTOLO é a primeira película de animación stop-motion de Europa feita mediante produción estereoscópica.
-
Entre el 15 y el 17 de agosto, el emplazamiento se convertirá en el escenario de proyección de los grupos urbanos coruñeses que compartirán espacio con algunos de los referentes nacionales de hip-hop, rock y música electrónica
-
Os próximos 30, 31 de agosto e 1 de setembro de 2013, a vila de Foz volverá ata o século X lembrando a lenda do bispo santo Don Gonzalo e as incursións dos pobos nórdicos na mariña lucense e na Galiza. Nesta terceira edición da festa, o Concello de Foz, o grupo de traballo da Festa Normanda e o Grupo Taranis, ofrecerán diferentes propostas para dar vida a este importante evento de recreación histórica.
-
Turismo de Galicia, a través do Xacobeo, participa na feira ExpoCatólica 2013 que, dende o 20 e ata o 26 de xullo, ten lugar no recinto feiral Riocentro da cidade brasileira de Río de Janeiro, e pola que adoitan recibirse case 300.000 visitantes.
-
Esta proposta enmárcase na estratexia de impulso ao sector artesán que desenvolve a Xunta, centrada na innovación, a mellora da comercialización ou a formación. Mónica de Nut e Virxilio da Silva e o Dúo Fernández e Quintá poñerán a música nunha xornada na que tamén se presentará o proxecto Regal Gourmet.
-
A Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, publica o programa do II Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia que se celebra en Agolada entre o 5 e o 7 de xullo.
-
Trátase da XIV edición da SacroExpo, considerada a máis importante de Europa no seu xénero e que reúne na cidade polaca de Kieice a 300 expositores de todo o mundo. Este ano incorpora novidades como tecnoloxías para o deseño de espazos verdes.
-
Un total de 768 firmas expositoras, procedentes de 19 países estarán ubicadas en máis de 57.000 metros cadrados no Recinto Feiral de Silleda onde se crea un enorme espazo para o comercio do sector agrogandeiro, que pretende abrir unha “ventá de oportunidades” para moitas empresas galegas.
-
Galicia Calidade promociona no V Salón Vinis Terrae de Ourense os produtos amparados polo selo de garantía. Os viños das 9 adegas que contan coa marca estarán presentes no Tunel do Viño que inclúe unha degustación agroalimentaria de produtos con este selo.
-
Cultura apoia a Feira do Libro de Pontevedra e o maratón de lectura adicado ao escritor Valle-InclánA Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia participou no maratón de lectura promovido pola Fundación Granell no ano adicado ao escritor Valle-Inclán. Ademáis, a Xunta apoia a celebración da Feira do Libro de Pontevedra onde entre o 22 e o 26 de maio se poden ver as novidades editoriais galegas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- …
- seguinte ›
- última »