Notas
-
A nova conexión aérea de Santiago con Estambul; a Volta Ciclista na Coruña; o novo número da guía ‘...E para comer, Lugo’; a Artesanía de Galicia; o Corpus de Ponteareas e o campionato de Surf Pantín Classic foron as presentacións que acolleu o stand galego na 33 edición do certame turístico máis importante de España.
-
Turismo de Galicia colabora cos Premios de Gastronomía e de Xornalismo Álvaro Cunqueiro, da Feira do Cocido de Lalín que este ano celebra o seu día grande o domingo 3 de febreiro, e que xa se internacionalizou como xeodestino turístico de altas potencialidades.
-
O Concello de Ourense estará presente en Fitur para promocionar a riqueza termal e atraer inversoresDo 31 de xaneiro ao 1 de febreiro celebraranse actos e reunións aos que están convocados representantes de empresas hoteleiras, balnearias e de inversión.
-
Turismo de Galicia a través do Xacobeo, acude por quinta vez consecutiva a esta feira dada a importancia crecente dos peregrinos procedentes de Irlanda que camiñan a Compostela. O Xacobeo proporcionará información de Galicia en xeral como destino.
-
Economía e Industria apoia a presenza de tres obradoiros artesáns na feira profesional Maison & Objet, unha das máis importantes de Europa. Cestería Contemporánea, Regal Cerámica e o taller de coiro Santín participan neste encontro de París.
-
Cultura e Educación prepara o Nadal cunha ampla oferta de actividades de lecer para todos os públicos nas bibliotecas nodais de Galicia. Contacontos, monicreques e obradoiros, protagonistas da programación nadaleira. A oferta está prevista para todo tipo de públicos, desde os máis infantís ata os adultos.
-
O Parque Tecnolóxico de Galicia cede as súas instalacións para a celebración deste evento independente con motivo do seu 20 aniversario. Dezasete profesionais de ámbitos moi diversos farán a súa particular interpretación da realidade a partir do lema “E se...?”
-
A internacionalización do produto artesán galego é unha das liñas de actuación de Economía e Industria para mellorar a presenza do sector nos mercados e potenciar as súas vendas, como se exporá do 1 ao 9 de decembro en Milán.
-
O programa Nadal en Begonte inclúe un abano de propostas culturais que se desenvolven ao longo de case dous meses, e ten como máis destacada manifestación o xa tradicional belén electrónico. As actividades presentáronse da sede da Xunta de Galicia en Lugo.
-
Turismo de Galicia dispón no recinto feiral dun stand de 200 metros cadrados. Intur está considerado un dos máis importantes certames de España na súa especialidade. O 7% dos viaxeiros aloxados en establecementos de turismo regrado que recibiu Galicia o ano pasado procedían de Castela e León.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- …
- seguinte ›
- última »