Notas
-
A Deputación colabora con esta iniciativa dentro da súa aposta pola promoción dos produtos autóctonos de calidade para xerar riqueza nos Concellos da provincia. 2 toneladas de cereixas e 250 litros de aceite, entre outros produtos gastronómicos e artesanais, poñeranse á venda nunha cita que vai camiño da declaración de Interese Turístico galego.
-
Vicente Beltrá Juan, de Elda (Alicante) é o autor do cartel anunciador da XXXIV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. Así o decidiu o xurado promovido polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá que tivo consideración especial hacia outros tres orixinais.
-
O conselleiro de Economía e Industria salienta o importante papel que desempeña a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense na dinamización da economía da provincia.
-
A aplicación das novas tecnoloxías á estimulación da cognición e a prevención de riscos, novidades das xornadas profesionais de Galisenior 2012. Tamén estarán centradas no envellecemento activo e na defensa dos dereitos do maior.
-
A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Lugo reúnese coa delegada territorial da Xunta para reforzar a colaboración no seu mantemento e difusión.
-
Economía e Industria impulsa na Coruña os Días Europeos da Artesanía con actividades interactivas e mostras sobre ourivaría, olería, cerámica, encadernación, vidro, instrumentos musicais e tapices. Trátase dunha clara aposta pola formación, a promoción e a posta en valor do producto artesán galego.
-
Ata o 28 de abril pódese ver a exposición "Eles tamén foron. La santidad laical en el arte cristiano".
-
Panorama, París de Noia, Olympus e Philadelphia son algunhas das 14 orquestras que, entre o 26 e o 29 de abril, participan en Verbenalia que xurde co obxectivo de constituirse nun referente do sector que xera en Galicia un volume de negocio de 60 millóns de euros anuais.
-
Os vehículos eléctricos serán unha das novidades desta edición que conta coa participación da práctica totalidade dos concesionarios ourensáns que se reúnen en Expourense do 23 ao 25 de marzo no Salón do Automóbil Ourensemotor 2012.
-
Máis de 15.000 visitantes aproveitaron a maior liquidación de stocks de Galicia que se concentrou na 19ª edición da Mostra da Oportunidade, o certame decano da oferta de Expourense, que se consolida como gran escaparate.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- …
- seguinte ›
- última »