Notas
-
Galicia presenta en Fitur a nova edición de Galicia a todo tren, con novidades como a incorporación de dúas novas rutas que completarán os sete trens turísticos de Galicia, a ‘Termal e do Camiño do Norte a Santiago’ e a da ‘Lamprea e o viño do Condado’, ademáis do Tren do Peregrino, o Tren dos Balnearios e o Galicia Rail Pass.
-
Presentouse a XLVIII Feira do Cocido de Lalín cun programa que reúne máis de medio centenar de actividades nas que se aposta pola participación, a colaboración cidadá, a diversidade e a solidariedade. A feira arranca o 31 de xaneiro co coñecido como Xantar Solidario e estrea unha nova web: feiradococido.lalin.gal
-
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, manteñen unha reunión coas confrarías de Ferrol. O Goberno galego encargarase de cubrir os gastos da promoción turística, como xa fixo nos convenios dos dous últimos anos coa Semana Santa ferrolá.
-
O rexedor compostelán explicou que o Concello procurará espazos de colaboración que teñan que ver coa dimensión turística e cultural da Semana Santa. Nese sentido, Martiño Noriega anunciou que se manterán novos encontros para perfilar, ou mesmo ampliar, esa posible cooperación.
-
A festividade do Samaín encherá de vida as prazas da zona vella da cidade o sábado 31 de outubro. As actividades están dirixidas aos máis cativos, pero a Concellería de Cultura quere implicar tamén a toda a familia. Comezan con obradoiros de baleirado de cabazas -repartiranse un total de 700-, e rematan cunha grande festa.
-
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou en Budapest, no Centro Bálna, na presentación do Womex 2016, o meirande mercado internacional da world music, que celebrará a súa vindeira edición en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura de Galicia.
-
Selos como Kalandraka, MC Sports e Nova Galicia Edicións, xunto coa distribuidora Arnoia, contan cun stand propio na feira Liber de Madrid para dar a coñecer o seu traballo e favorecer novas vías de negocio con outros axentes do sector que tamén explorarán na Feira Internacional de Frankfurt (Alemaña) do 14 ao 18 de outubro de 2015.
-
A Agadic apoia a presenza de Bambú, Ficción Producciones, Filmanova, Maruxiña Films, Portocabo, R, Treeline Distribution, Yellow Train Productions e Zenit TV nesta importante cita internacional. Esta misión comercial enmárcase no programa de promoción exterior do audiovisual galego que a Axencia da Consellería de Cultura e Educación segue a desenvolver en colaboración co Igape.
-
Do 3 ao 6 de novembro, Santiago de Compostela acolle unha nova edición do mercado Galicia Escena PRO. Agadic publica na web a relación dos espectáculos completos, que amplía de 11 a 14 o número de títulos en cartel, e dos 10 en formato showcase seleccionados pola comisión. Catro espazos de Compostela se erixen en escearios do conxunto do programa de 2015.
-
alicia está presente na feira Iberflora de Valencia cun espazo expositivo de 384 metros cadrados no que están representadas 10 empresas galegas do sector da planta ornamental. Galicia é unha verdadeira potencia neste sector, como o demostran os 130 viveiros existentes en Galicia.