Notas
-
Conxunto histórico-artístico, termalismo e gastronomía concentran a oferta. A exposición está organizada polo Eixo Atlántico.
-
“Os lobos do espacio”, “A magnifique bande dos homes sen medo”, o grupo de baile e música tradicional “Brincadeira” e a Banda Municipal de Agolada completan o programa de actuacións musicais do evento integral de divulgación e posta en valor da artesanía que se celebra nos Pendellos de Agolada do 3 ao 5 de xullo con actividades sobre os oficios galegos.
-
As dúas entidades asumen o compromiso para o establecemento de iniciativas que reforcen a acción cultural que se desenvolve en Galicia, conxugando o encontro profesional coa presentación, promoción e venda de bens e servizos culturais. Pretenden atender, deste xeito, ao fomento da demanda de produtos culturais na sociedade galega.
-
Este evento, declarado de Interese Turístico de Galicia, abre o calendario de celebracións gastronómicas na provincia de Ourense.
-
Convocarase a orde destas axudas, dirixidas aos produtores primarios inscritos en denominacións de calidade. Sobre a web da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), a conselleira destacou que este espazo en internet enmárcase na modernidade e na actualidade e que constitúe unha plataforma para interactuar cos axentes do sector. A conselleira do Medio Rural e do Mar clausurou en Ourense a VI edición do Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade – Vinis Terrae e presentou a nova web da Evega.
-
Na súa recente viaxe á cidade bonaerense, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, recolleu a testemuña de México DF a Compostela como cidade convidada en 2016. Este convite suporá para Galicia unha grande oportunidade á hora de difundir a obra dos autores e editoriais galegos no exterior.
-
O conselleiro de Economía e Industria participou na clausura da feira náutico-pesqueira que reúne a estaleiros, armadores, pescadores, comerciantes e institucións. Sinala o papel do encontro, que celebra a súa décimo sexta edición, na transferencia das últimas innovacións ao mercado. Subliña que Expomar permite “asomarnos ao futuro da pesca” e sinala o papel que neste terán os centros tecnolóxicos ou o CIS Galicia.
-
Xornadas de portas abertas, exposicións, obradoiros, actuacións musicais e visitas teatralizadas centran as actividades do programa deseñado desde a Xunta para conmemorar esta data nos centros autonómicos das catro provincias galegas, e que se poden consultar na Axenda de Cultura de Galicia, en cultura.gal.
-
O Consello Galego de Cooperativas participa en Madrid nunha das feiras das industrias culturais e creativas máis innovadora a nivel estatal: o Zinc Shower 2015. O evento reúne en Matadero a 200 relatores nacionais e internacionais, 7.000 profesionais, 45 investidores, 85 startups e máis de 120 actividades relacionadas co emprendemento, a tecnoloxía ou a economía colaborativa.
-
Este ano 2015, é a XXV edición da Romaría Labrega da Chaira, que se iniciou xusto no ano do pasamento de Xosé María Díaz Castro, contando coa súa presenza e a do seu amigo e poeta Manuel María. Xusto ahí e coincidindo coa exposición de fotos antigas desa primeira edición, foi Manuel María quen encomendou á moza Pastora Veres converter aquel traballo nunha publicación e que hoxe senten convertido, 25 anos despois, no proxecto multidisciplinar OS VILARES, LAREIRA DE SOÑOS.