Notas
-
A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño presenta nun dos eventos de decoración de referencia unha escolma que recolle o traballo de 24 obradoiros artesanais que empregan materiais como madeira, papel, cerámica ou téxtiles. Trátase dunha cita de referencia na decoración de interiores no marco do London Festival Design.
-
A directora de Turismo de Galicia participou na sesión plenaria sobre Políticas Públicas en Termalismo do I Congreso Internacional da Auga celebrado no marco de Termatalia.
-
Lara Méndez e Carmen Basadre presentaron a programación oficial do San Froilán 2015, do 3 ao 12 de outubro, que conta con máis de 50 actuacións con denoninación de orixe Lugo e cunha homenaxe a Trapero Pardo a través da música tradicional galega como banda sonora deste San Froilán, polo 20º aniversario do seu pasamento.
-
Presentada la 15ª edición de la Feria Internacional de Turismo Termal, Salud y Bienestar: TermataliaLa cita, que tendrá lugar del 24 al 26 de septiembre en Expourense, cuenta con 39 países participantes y un total de 279 expositores. Nava Castro dice que esta nueva edición constituye una oportunidad única para poner de manifiesto la innovación y la capacidad de dinamización y de activación económica de un sector referencia en turismo.
-
“O noso valor engadido son as persoas, é a xente, é ese afán que compartimos os galegos de estar no mundo e de que o mundo estea entre nós”, asegura o presidente da Xunta que visitou este evento. Di que Galicia foi o destino que máis creceu turisticamente en 2015 e sinala que máis de 4 millóns de viaxeiros, dos cales 2,4 millóns pernoitaron na Comunidade.
-
Madridjoya 2015, que se celebra no recinto feiral Ifema, onvértese nunha plataforma de promoción e alta visibilidade para o sector que presenta as súas novas coleccións co apoio de Galicia Calidade e Artesanía de Galicia. Con este salón tamén se celebra o Internacional da Bisutería e os Complementos.
-
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o xoves 17 na Concellería de Cultura (Auditorio Municipal, 988 391 290), ou no mail cultura@ourense.es.
-
Se celebrará de forma paralela y complementaria a Termatalia y reunirán a más de 50 expertos de una quincena de países.
-
O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou o ciclo Fórumáxico, co que se abre “a tempada regular de teatro e arte en vivo”. Durante os catro sábados de setembro, o Fórum Metropolitano acollerá espectáculos de maxia nos que ten cabida a comedia, o drama e o teatro, pero sempre coa maxia como protagonista. Begoña Llamosas, directora dos centros Ágora e Fórum Metropolitano, salientou que o Fórumáxico será o punto de partida dunha tempada na que haberá “novo circo, artes en vivo ou danza”.
-
O escritor e xornalista Ramón Chao (Vilalba, 1935) recibirá o vindeiro venres, unha homenaxe popular na súa vila natal, como recoñecemento á súa traxectoria vital e profesional. O acto comezará no Paseo dos Soños da capital chairega ás 12 horas coa recepción que lle farán amigos e vecinos no Muíño do Rañego, onde se celebrará unha mesa redonda na que intervirán os representantes das entidades promotoras. O evento, que será conducido polo xornalista Xulio Xiz, conta coa colaboración do Concello de Vilalba.