Notas
-
A proposta cultural pódese visitar en agosto na Fundación Eugenio Granell e contará con preto de 200 produtos artesanais de 46 talleres de toda Galicia. A iniciativa enmárcase dentro do programa Artesanía de Galicia. O teu camiño, que tamén inclúe dúas exposicións e a celebración de obradoiros profesionais e para toda a familia.
-
Haberá pratos para levar a casa, caseta de “mojitos” e comidas dende os dous ate os once euros. A Praza Maior acollerá un concerto, as 22,30 horas, de Fórmula V. Ritmo, música e humor son a proposta delirante de Odaiko Percussion Group, unha agrupación na liña de Mayumaná ou STOMP.
-
A directora xeral de Comercio e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño realizaron unha visita de traballo xunto co alcalde da localidade ao conxunto histórico-artístico dos Pendellos, que acollerá o evento. O Encontro, que se celebrará do 8 ao 10 de xullo, contará coa participación de 44 obradoiros que representan a ampla variedade de oficios do sector artesán galego, así como con 49 postos de produtos alimentarios de calidade.
-
Santiago de Compostela celebra a noite de San Xoán con numerosas cacharelas públicas e privadas en todo termo municipal. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia deu conta das autorizacións tramitadas, nunha rolda de prensa na que o xefe dos Bombeiros lembrou a importancia de cumprir as normas de seguridade.
-
A Xunta colabora coa organización do certame cunha achega de 40.000 euros. “Non estamos a falar dun festival calquera, senón dunha manifestación como poucas dos valores culturais e da tradición popular”, asegurou o delegado territorial da Xunta.
-
A presentación tivo lugar nun encontro sobre promoción e comercialización de destinos turísticos con oferta cultural enmarcado no Seminario Internacional sobre Turismo e Cultura organizado pola Organización Mundial de Turismo (OMT) que se desenvolve en A Habana (Cuba) data o 6 de maio.
-
Distribuiranse nas rúas Ordóñez e Seixas e nas prazas do Concello e de San Fernando. Abre sábado 30 de abril e domingo 1 de maio de 12 a 22h.
-
A Deputación de Lugo impulsa a XV edición da Festa da Filloa en Muimenta coa achega de 3.000 euros. A Área de Cultura da Deputación tamén colabora, nesta cita, coa actuación do grupo de gaitas “Entre lusco e fusco”, e a actuación do grupo De Vacas.
-
A xornada técnica Os viños doces. Innovación en procesos e tecnoloxías afonda nas tendencias en procesos e tecnoloxías de elaboración deste produto. Enmárcase na 53º Feira do Viño do Ribeiro que acolle a localidade ourensá de Ribadavia entre o 29 de abril e o 1 de maio.
-
Trátase do único festival monográfico sobre as gaitas do mundo, que organiza a Deputación de Ourense en colaboración co Concello de Monterrei.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- …
- seguinte ›
- última »