Skip to main content

Notas

  • Unha presentación ante profesionais do sector o mércores 18, reunións con empresarios da capital, apoio a eventos internacionais como Xantar ou Termatalia, entre as citas da delegación municipal. O Concello está a colaborar co proxecto Anxela, destinado a mulleres embarazadas e nais recentes.
  • Santiago de Compostela, a capital de Galicia, recibe o 20 de xaneiro na Feira Internacional de Turismo Fitur 2017 o recoñecemento á cidade con mellor reputación on line de España. O ranking mundial de reputación on line de Trivago elabórase a partires das opinións vertidas polos viaxeiros usuarios da axencia de reservas con máis de 200 millóns desde máis de 200 portais de reserva.
  • A Xunta presenta o destino Galicia neste certame aberto tanto a profesionais como ao público final. Esta é a primeira feira internacional á que asiste Turismo de Galicia neste 2017, ano no que levará a oferta turística galega a un total de 46 feiras sectoriais. Os Países Baixos representaron preto dun 2,5% do turismo internacional de Galicia no ano 2016.
  • Os produtos e os servizos turísticos galegos estiveron presentes nas principais feiras turísticas do mundo, FITUR de Madrid; ITB de Berlín e WTM de Londres. O departamento autonómico de Turismo promoveu tamén de xeito específico os principais recursos turísticos da Comunidade galega, así como en certames especializados.
  • Obradoiros de música e de xogos e xoguetes en galego, concertos didácticos, teatro de monicreques e actividades cos Bolechas danse cita co público familiar en dez localidades desde mañá ata o domingo para reforzar as programacións municipais propias destas datas. No Portal da Lingua Galega atópanse múltiples recursos para galeguizar os principais eventos do Nadal.
  • Inclúe 17 actividades belenísticas por toda a Comunidade, os mercados de Nadal das grandes cidades e unha oferta cultural e de artesanía. O programa presentado propón 17 actividades belenísticas, como o belén artesanal en movemento de Valga, en Pontevedra, e o belén electrónico de Begonte, en Lugo, os dous declarados Festa de Interese Turístico de Galicia.
  • Baixo a premisa de se as novas tecnoloxías supoñen unha ameaza ou unha oportunidade, o centro de coñecemento de La Molinera acolle este sábado a xornada Ourensemakerslab2016, un foro aberto para público de todas as idades cun denominador común: a curiosidade polo emprego das novas tecnoloxías.
  • Expourense acolle ata o vindeiro xoves 8 de decembro a 17ª edición de Megaxove, que ofrecerá máis de 150 actividades de lecer e deportivas que converterán ó recinto no punto de encontro da mocidade galega. Nunha superficie de 8.000 metros cadrados danse cita 26 expositores entre federacións e clubes deportivos, asociacións culturais e xuvenís de toda Galicia.
  • Luis Angel de las Heras, bispo de Mondoñedo, será este ano o pregoeiro, o sábado 3 de decembro, desta Festa de Interese Turístico figura xa entre as citas imprescindibles cada Nadal para moitas familias e visitantes, constituíndo, en consecuencia, “unha fonte de riqueza económica para o municipio” e referente de valores culturais, relixiosos e sociais, según o delegado da Xunta.
  • Publícase a última adxudicación desta liña de axudas, a través da que se apoiou a presenza do audiovisual galego en Bos Aires, Locarno, Marsella, Montreal, Nova York, Róterdam, Toulouse, Toronto, San Sebastián, Sevilla, Sitges e Xixón e complétase a concesión do total de 2.465.000 euros destinados ao programa anual de subvencións ao audiovisual galego.